Manuel Núñez Carreira, nado en Lugo o 20 de febreiro de 1948, é un político galego.
Traxectoria Graduado Social pola Universidade de Santiago de Compostela (1972) e técnico superior en Relacións Industriais pola Universidade de Alcalá de Henares (1985). Foi xefe de persoal en COMPLESA (1969-85). Foi concelleiro de Lugo (1984), tenente de alcalde e responsable de persoal. Foi elixido parlamentario pola provincia de Lugo nas eleccións autonómicas de 1985 pola Coalición Popular. Foi elixido secretario da mesa do Parlamento. Foi director de persoal do grupo Lactaria Española (1986-90) e director de Recursos Humanos no Grupo RAM (1990). Traballa como asesor laboral de empresas.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en galegos.info
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Alcalá Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1948