Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiroA partida de nacemento sinala que naceu o día 29 de xaneiro, mentres que o bautismo sucedeu ao día seguinte, que é o que recollen moitas fontes. O documento foi presentado na páxina de Facebook do Museo de Pontevedra nun comentario de Xosé Comoxo Rodríguez (). de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX.

Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial. O 15 de novembro de 2024, na conmemoración do 80º aniversario do Consello de Galiza, Castelao foi recoñecido como primeiro presidente da autonomía política do país no Parlamento de Galicia.

A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.

En 2024 comezou a rodarse baixo a dirección de Ángeles Huerta Antes de Nós sobre Castelao. O filme conta coa produción executiva de Zaza Ceballos. O guión é obra de Pepe Coira, a dirección de fotografía está a cargo de Lucía C. Pan, a dirección de arte de Elisa Robles, a música de Sofía Oriana e a montaxe de Lucía Iglesias. Xoán Fórneas será Castelao, acompañado de Cris Iglesias (Virxinia Pereira), Nancho Novo (Sobral), Xoel Fernández (Cándido), Miquel Insua (Viturro), Sergio Zearreta (Cubeiro), Isabel Vallejo (Xaquina) ou Adrián Ríos (Moure).

Traxectoria

Primeiros anos miniatura|esquerda|200px|Casa de Castelao en Rianxo. Naceu o 29 de xaneiro de 1886 en Rianxo, sendo o primeiro fillo de Mariano Rodríguez Dios, mariñeiro dedicado a facer velas para barcosBiografía de Castelao en galespa.com.ar. (m. 12 de novembro de 1932), e de Joaquina Castelao Gemme (m. 24 de xaneiro de 1945). Ao seguinte día do seu nacemento foi bautizado na igrexa de Santa Comba, sendo os seus padriños Pilara e Francisco Castelao, irmáns da nai.

Aos tres meses do nacemento de Daniel, o pai emigrou a Arxentina, onde instalou con éxito unha pulperíaDefinición actual da RAERedacción proposta para a 23ª edición do DRAE, e aquel foi criado especialmente polos seus avós maternos Teresa e José Ramón, carpinteiro de profesión e coñecido polo alcume de Pepe de Castelao.

miniatura|esquerda|200px|Inscrición na casa.

Na casa e na escola chamárono sempre Daniel, non Alfonso, como, por iniciativa propia, puxo na partida o crego, por ser nado no mesmo ano en que se agardaba o nacemento do futuro rei Afonso XIII de España, ó que se lle tiña destinado o nome de AlfonsoNúñez Búa, J.: Vida e paixón de Castelao.. Posteriormente adoptou o nome de Alfonso R. Castelao ou, sobre todo na sinatura dos seus debuxos, simplemente Castelao.

Sendo cativo foi veciño dos Dieste e moi amigo de Eduardo, irmán do futuro escritor rianxeiro Rafael Dieste. Asistiu á escola privada de Xoán Vidal e despois á escola pública de RianxoVV.AA. Castelao (contra a manipulación). Edicións Xistral, páxina 9..

A finais de 1895, Daniel emigrou coa súa nai para ir vivir co pai en Bernasconi, na Pampa. Ambos embarcaron, como tantos emigrantes, no porto de Vilagarcía de Arousa no bote Lloyd Norte, propiedade dunha empresa alemá.

Durante a estadía da familia na Arxentina nacerían as súas únicas irmás: Josefina (1897-1974) e Teresa (1898-marzo 2000).

Residiu na Arxentina até o 1900 e alí, segundo el mesmo conta, descubriu o valor da caricatura lendo Caras y Caretas, onde Xosé María Cao Luaces publicaba as súas caricaturas.

En 1900 deciden volver para que Daniel estude medicina en Compostela. De volta en Rianxo instálanse na casa número 7 da Rúa de Abaixo. Nesas datas comeza a tomar clases de debuxo de María Dios Rivademar no CaramiñalCastelao pintor, páxina 8.. Máis adiante, o pai volveu a Arxentina para regresar definitivamente en 1903 e, cos ingresos que acumulara alá, mellora substancialmente a situación económica da familia polo que puido dedicarse á política (chegou a ser alcalde de Rianxo en 1907 e en 1923) e dar estudos ao fillo.

Estudos e activismo De 1900 a 1903, Castelao estudou no Instituto Xeral e Técnico o bacharel de Artes. En 1901 tamén se matriculou na Escola Elemental de Artes e Industrias de Santiago. Entre 1903 e 1909, cursou a carreira de Medicina na Facultade da Universidade de Santiago de Compostela. Durante eses anos, tal como sinala Otero Pedrayo en Espello na serán,OTERO PEDRAYO, Ramón. O espello no serán, no apartado "A romaxe compostelá de Castelao" (pp. 280-281). Castelao viviu primeiro no pazo de Raxoi e máis tarde no pazo do Castro, na rúa do Castro, 9. miniatura|275px|Enrique Guerra e Castelao, 1909.

No seu periplo universitario, prendeu a idea en Castelao dunha Galicia "máis xusta, máis libre, máis farturenta", á vez que, en propias palabras de Castelao, "a nosa mocidade empurrábanos ao separatismo".

Durante os seus anos na universidade agroma tamén o seu interese polo debuxo e a pintura, e en especial pola caricatura, ademais de pola música, posto que tocaba na tuna.Castelao en Pontevedra , 1911. Primeira escala da turné da tuna compostelana. En 1908 expuxo os seus debuxos en Madrid e comezou a colaborar coa revista viguesa Vida Gallega. Entre 1909 e 1910 fixo un curso de doutoramento en Madrid e participou nos II e III Salón Nacional de Humoristas, á vez que colaboraba como ilustrador con El Cuento Semanal. Acadou unha medalla de ouro na Exposición Rexional de 1909 de Santiago, co tríptico Unha festa na aldea.

É nese momento en que reside en Madrid cando lle confesa ó seu pai que é "artista antes que nada" e que "non pensei en ser doutor máis que por satisfacelo a vostede. Eu son artista e a miña ambición so é vivir da arte, o contrario sería a miña desgracia".Téñase presente que Castelao sempre escribiu ao seu pai e ás súas irmás en castelán. O feito é que regresou de Madrid sen lograr o doutoramento. miniatura|Voda con Virxinia Pereira, en 1912. Aínda así continuou na medicina. En xuño de 1910 regresa a Rianxo e instálase na casa dos avós, onde comeza a exercer como médico rural. Nese tempo diagnostícanlle unha tuberculose e vese obrigado a pasar unha tempada de repouso na Toxa, en setembro. Xa en 1911 asiste en Santiago a un breve curso do doutor Varela Radío para especializarse en obstetricia, pero en maio reaparece a enfermidade e ten que ser operado en Santiago dunha adenopatía laterocervical. miniatura|175px|esquerda|Castelao cara a 1912. En Rianxo, axiña comeza a participar na vida política local dentro do Partido Conservador local, liderado polo seu pai, e é neste período cando colabora con Xosé Arcos, Eduardo Dieste e outros na fundación do semanario El Barbero Municipal (1910–1914), no que publicou as súas primeiras caricaturas e escribiu atacando o réxime caciquil galego, personificado en Manuel Viturro Posse, secretario daquela da Deputación Provincial. Segundo José Antonio Durán asinou algúns comentarios breves cos pseudónimos de Maquis e Asieumedre.Pseudónimo que fixo famoso Manuel Lugrís Freire.

Dá a súa primeira conferencia en marzo de 1911, en Vigo, falando sobre a caricaturaO texto desta conferencia, logo de sucesivas modificacións, foi publicado en 1916 ou 1917 baixo o título "Algo acerca de la caricatura". e ao longo dos anos seguintes realiza exposicións das súas caricaturas en diversas cidades galegas. O 15 de febreiro de 1912, presenta en Ourense a súa primeira exposición individual. Durante esta época colaborou con El Liberal, La Tribuna, El Parlamentario, El Gran Bufón, Mi Tierra, Suevia ou La Voz de Galicia de Buenos Aires, publicacións que axudaron a popularizar as súas caricaturas. Nese mesmo ano adheriuse ao movemento Liga Agraria de Acción Gallega, dirixido por Basilio Álvarez.

O 19 de outubro dese ano 1912 casou con Virxinia Pereira Renda (A Estrada, 1884 - Madrid, 1969), na antiga igrexa de San Paio da Estrada, sendo oficiada a cerimonia polo seu amigo o crego Antonio Rey Soto.

O 1º de febreiro de 1914 naceu na Estrada o seu único fillo, Alfonso Xesús de Braga. Outro fito transcendente na vida de Castelao acontecido nese ano de 1914 foi un desprendemento de retina que o deixa case cego, pero unha operación devólvelle a vista. Con todo, esta quedoulle moi reducida durante o resto da súa vida e, segundo el mesmo escribiu, foi un dos motivos polos que decide abandonar definitivamente a medicina e buscar un traballo máis seguro como funcionario. Secasí, volveu exercer como médico en Rianxo durante a epidemia da gripe de 1918.En carta remitida o 18 de febreiro de 1928 ao Presidente do Centro Galego de Buenos Aires confésalle que "temendo quedarme inútil algún día para o traballo, ingresei por oposición no Corpo Facultativo de Estatística co obxecto de asegurar a miña xubilación, que me puxera a cubierto da miseria e da filantropía". Tamén tivo que pesar nesta decisión o feito de buscar un traballo seguro cun soldo fixo e que lle deixase tempo libre para dedicarse ó debuxo, dúas vantaxes que non reunía o seu traballo como médico rural. miniatura|"O retrato", Nós, 25.07.1927. No relato "O Retrato", datado en Pontevedra en 1922, publicado nas revistas NósNós. Ano IX, n.º 43, 25.07.1927 en Galiciana. Biblioteca de Galicia. e Alma Gallega en 1927 (e incluído en Retrincos en 1934), escribe que:

Artista e galeguista Así, en decembro de 1915 vai a Madrid a opositar a funcionario do Instituto Xeográfico Estatístico, á vez que aproveita para participar nunha Exposición de Humoristas e na Exposición de Belas Artes de Madrid, na que obtén grandes eloxios da crítica. Aprobada a devandita oposición, comeza a traballar como auxiliar de Estatística en Pontevedra a principios de 1916, onde residiría xa ata 1936. A cidade de Pontevedra foi o seu último domicilio en Galicia. Unha placa lembra que morou no número 1 da praza de España da capital pontevedresa. No exilio Castelao rememorou así a súa amada Pontevedra:

miniatura|300px|Exposición no Palacio de María Pita, en 1917. De esq. a der., de pé: Tella, Abelenda, Barreiro, Sobrino, Palacios, Seijo, Sotomayor, Lloréns, Castelao, Concheiro, Francés, Madariaga (co chapeu nas mans), González del Villar e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, Pardo Bazán e Picadillo. Nese mesmo ano de 1916 participa como figurante no filme Miss Ledyia, rodado en Pontevedra por José Gil y Gil. Xa en 1918 volve opositar e mellora a praza de funcionario en Pontevedra, á vez que comeza a traballar como profesor adxunto da cátedra de Debuxo, no instituto de segunda ensinanza de Pontevedra, onde coñece a Antón Losada Diéguez cando este vén como catedrático de Psicoloxía, Lóxica e Ética. Fíxose cargo da cátedra de Debuxo, por baixa do titular, durante quince meses.De auxiliar de estatística a profesor no instituto .

En Pontevedra comeza a colaborar axiña cos intelectuais da vila e nos círculos culturais que alí existían, como a charla do farmacéutico Perfecto Feijoo, o coro Aires da Terra e na creación da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra (en 1925). O Castelao escenógrafo naceu precisamente para os decorados dunha das representacións desta Coral. Máis adiante, en 1927, participará como membro fundador do Museo de Pontevedra.Da intensa relación de Castelao co Museo de Pontevedra é boa mostra o feito de que o beneficiase co legado dos seus fondos no momento da súa morte. miniatura|300px|Asistentes á IV Asemblea. Entre outros están: Castelao, Antón e Ramón Villar Ponte, Roberto Blanco Torres e Antón Losada Diéguez.