O dez (10) é o número natural que segue ao nove e precede ao once. Na numeración romana represéntase cun X.
O 10 é un número composto, que ten os seguintes factores propios: 1, 2 e 5. Como a suma dos seus factores é 8 < 10, trátase dun número defectivo.
O 10 é a base do sistema decimal.
O 10 é o cuarto número triangular, despois do 6 e antes do 15.
Un polígono de 10 lados recibe o nome de decágono.
O número 10 é un dos máis famosos na historia da humanidade. Moitos pobos primitivos contaban á base de utilizar os dedos das dúas mans, co que chegaban ata dez. De feito, o símbolo romano "X" para dez tiña o significado inicialmente de dúas mans cruzadas.
Simboloxía A filosofía pitagórica concibía o dez como mostra da perfección e relacionábao co Ser supremo. É coñecido que xuraban por tetractys (dez) como se o fixesen polo máis sacro.
Esta magnitude contén todos os números, polo tanto considérase como número completo. No cristianismo repítese nos seguintes temas: 10 mandamentos; ofrecer décimos a Deus; 10 lámpadas, 10 virxes, 10 talentos (expresado así nalgunhas parábolas).
miniatura|195px|Man de cartas de póker cos catro 10 da baralla.
Segundo a Cábala, é símbolo da Totalidade. É o Sefirot.
O 10 considérase como un símbolo do sinal de IO-Isis.
No alfabeto sacro dos hebraicos, o yod vale 10. O yod é a primeira letra que conforma o nome de Deus: YHVH, YESHUA. No templo de Salomón había 10 barreñas, 10 mesas e 10 candelabros.
Véxase tamén
Categoría:Números enteiros