Argimiro Rojo Salgado, nado en Mosteiro (Ramirás) o 8 de xaneiro de 1950, é un sociólogo e politicólogo galego. Traxectoria Fixo estudos de ciencia política e socioloxía na Universidade Complutense de Madrid, e de federalismo no C. U. d'Etudes Fédéralistes de Aosta. É catedrático de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Vigo. Fixo estudos sobre o proceso de construción europea desde a perspectiva federalista, a Europa das rexións, e a gobernabilidade global.

Obras As Mocedades Galeguistas, 1987, Galaxia. O Galeguismo a través dos seus Textos e Documentos políticos, 1989. La regionalización del Estado en la Europa Comunitaria, 1991. El significado y las posibilidades de la autonomía y de la regionalización política, 1992. La exigencia de participación regional en la Unión Europea, 1996. El modelo federalista de integración europea: La Europa de los Estados y de las Regiones, 1997. Multiconstitucionalismo e multigoberno: Estados e rexións na Unión Europea, 2006.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina web de Argimiro Rojo na Universidade de Vigo "Argimiro Rojo, defensor universitario: “O conflito soluciónase recorrendo á política, é dicir, buscando o diálogo”" (11/7/2011). Galicia Hoxe

Categoría:Sociólogos de Galicia Categoría:Nados en Ramirás Categoría:Nados en 1950 Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes