Aureliano Pardo Villar, nado en Arzúa o 18 de xaneiro de 1882 e finado en Padrón o 13 de xaneiro de 1957, foi un frade e escritor galego.
Traxectoria Estudou latín e humanidades en Arzúa e ingresou no convento dominico en setembro de 1898. Cursou os primeiros anos de carreira no convento de San Xoán de Corias (Asturias) e os cinco últimos no convento de Santo Estevo de Salamanca. Foi destinado ás Misións de América, pero unha grave enfermidade retívoo na Península. En 1909, durante a convalecencia, asignárono ao convento do Carme de Padrón.
Dirixiu a Asociación Regional del Santo Rosario (1913) e foi bibliotecario e sancristán maior no convento de Padrón. Tamén foi socio colaborador do Seminario de Estudos Galegos. Estudoso da orde dos Predicadores en Galicia, no boletín católico Logos publicou cinco ensaios entre 1933 e 1936, no Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo o artigo “El convento Santo Domingo de Vivero” e no Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense un artigo sobre o santoral (1937), que deu pé á publicación de Santoral gallego (1941). Colaborou en Faro de Vigo, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia co pseudónimo de León Yebra Oliver.
Foi escollido membro correspondente da Real Academia Galega en 1934, e en 1941 nomeárono membro de número. Obras Los dominicos en Santiago. Apuntes históricos, 1953. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Monxes de Galicia Categoría:Dominicanos de España