Abies é o xénero que acolle as diferentes especies de coníferas chamadas comunmente abetos. Son árbores da familia Pinaceae, nativas de bosques temperados de Europa, Asia e América do Norte. Medran principalmente en bosques de coníferas.

A especie máis común en Europa é a pinabeta (Abies alba). En Galicia non existen especies naturais, atopándose soamente en xardíns e arboredos coma ornamentais.

Descrición Son árbores altas que van dos 10 até os 80 m de altura. Distínguense doutros membros da familia dos piñeiros polas súas follas a xeito de agulla que fican unidas á póla por un pé que lembra a unha ventosa miúda e polos seus froitos: conos cilíndricos de entre 5 e 25 cm de longo, compactos, con escamas ou brácteas, que se erguen erectos sobre as pólas, agrupados preto da parte superior. Ao madurar, estes conos, a diferenza dos piñeiros, fican na árbore, ceibando os piñóns.

A identificación das especies baséase no tamaño e disposición das follas, o tamaño e forma dos conos e en se as brácteas dos mesmos son longas e estendidas ou curtas e agochadas dentro do cono.

Están estreitamente emparentados cos cedros.

Os abetos, de maneira xeral, posúen follas pequenas e aromáticas, e producen pole abundante durante o período de reprodución, o que pode causar alerxia respiratoria en individuos mais sensíbeis.

Usos Plántanse coma fonte de madeira, e das súas follas extráense aceites esenciais para aromaterapia e farmacoloxía. Son igualmente bastante apreciados polo seu efecto decorativo e usados como protección contra o vento. Todos os anos, millóns de abetos son vendidos como árbores de Nadal. Polo xeral en Galicia adóitase usar máis o falso abeto (Picea abies).

Gran parte dos instrumentos de corda (violín, violoncelo e contrabaixo, por exemplo) utilizan tradicionalmente pau de abeto na súa parte superior (tampa harmónica) e nalgunhas partes localizadas no interior do instrumento, pois esta madeira confire unha característica peculiar de resonancia moi apreciada polos grandes mestres (luthiers), como Antonio Stradivari, Nicola Amati e moitos outros.

Especies por sección O xénero comprende 55 especies, 33 das cales poden considerarse como primarias e as 22 restantes como secundarias ou talvez subespecies das anteriores.

O xénero Abies divídese nas seguintes 10 seccións:

Abies

Europa oriental, central e meridional, Asia Menor. Abies alba - pinabeta, abeto branco, abeto prateado. Abies borisiiregis Abies cephalonica Abies cilicica Abies nebrodensis Abies nordmanniana - abeto do Cáucaso Abies nordmanniana subsp. equitrojani

Amabilis Rexións costeiras montañosas do Pacífico, América do Norte e o Xapón, en zonas montañosas altas e con precipitación elevada. Abies amabilis Abies mariesii

Balsamea En rexións boreais, Asia e América do Norte, e zonas de alta montaña meridionais:

Abies balsamea Abies balsamea var. phanerolepis Abies bifolia Abies fraseri Abies kawakamii Abies koreana Abies lasiocarpa Abies nephrolepis Abies sachalinensis Abies sibirica Abies veitchii Abies veitchii var. sikokiana

miniatura|right|Conos xuvenís de Abies nordmanniana miniatura|right|Cono maduro de abeto e escamas desprendidas

Bracteata Costa da California. Abies bracteata

Grandis Desde o oeste de América do Norte a México e Guatemala, en terras baixas no norte, e en altitudes medias no sur.

Abies concolor Abies durangensis Abies durangensis var. coahuilensis Abies flinckii Abies grandis Abies guatemalensis Abies lowiana Abies mexicana

Momi Asia oriental e central, Himalaia, xeralmente entre baixas e medias altitudes. Abies beshanzuensis Abies chensiensis Abies chensiensis subsp. salouenensis Abies firma Abies holophylla Abies homolepis Abies pindrow Abies recurvata Abies recurvata var. ernestii Abies ziyuanensis

Nobilis Oeste dos Estados Unidos, a grandes altitudes. Abies magnifica Abies magnifica var. shastensis Abies procera

Oiamel México, a grandes altitudes, nas montañas. Abies hickelii - Oiamel de Hickel Abies hickelii var. oaxacana Abies religiosa - Oiamel Abies vejarii - Oiamel cenizo

Piceaster España meridional, noroeste de África. Abies numidica Abies pinsapo – abeto español, pinsapo Abies pinsapo var. marocana

Pseudopicea Montañas do Himalaia, a grandes altitudes. Abies chengii Abies delavayi Abies densa Abies fabri Abies fargesii Abies fanjingshanensis Abies forrestii Abies spectabilis Abies squamata Abies yuanbaoshanensis

Categoría:Coníferas

Categoría:Plantas ornamentais