José Gómez Sampayo, nado no Pazo de Sande (Arbo) en 1903 en finado en Tenorio (Cerdedo Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un médico e político galego.

Traxectoria Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1926), en 1930 visitou Buenos Aires onde recibiu numerosas homenaxes, algunha compartida co Doutor Asuero. Durante a Segunda República Española foi médico en Arbo. En xuño de 1934 foi designado delegado sanitario no balneario de Salinillas de Buradón (Áraba)El Pueblo Gallego, 19/6/1934, p. 12.. Trala sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín, para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas O médico dos pobres, un intelectual comprometido: José Gómez Sampayo

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Médicos de Arbo Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Arbo Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1936