Falcon 1 foi o nome do primeiro modelo da familia de foguetes Falcon.

Características Falcon 1 foi deseñado pola empresa SpaceX para ser un lanzador barato e reutilizable. Como propelente usa queroseno e oxíxeno líquido e usa un único motor en cada unha das súas etapas: un Merlin 1 na primeira e un Kestrel na segunda. A carga típica dos Falcon 1 son pequenos satélites destinados á órbita baixa.

Os primeiros voos do Falcon 1 planificáronse para 2004, pero diversos atrasos pospuxeron o primeiro intento a 2006, que tivo lugar desde a illa Omelek, no océano Pacífico e que resultou en fracaso por un problema co circuíto de propelente. O primeiro voo exitoso tivo lugar ao cuarto intento, en 2008.

A estrutura da primeira etapa é monocasco e construída nunha aliaxe de aluminio. A segunda etapa está construída nunha aliaxe de aluminio e litio.

Historial de lanzamentos Voo Data Carga Resultado Notas 1 24 de marzo de 2006 Falconsat 2 Fallo Primeiro voo de proba. Fallo no sistema de distribución de propelente. 2 21 de marzo de 2007 Demosat Fallo Segundo voo de proba. Fallo da segunda etapa. 3 3 de agosto de 2008 Trailblazer, PreSat, NanoSail D, Celestis 07 Fallo Terceiro voo de proba. Fallo na separación entre as etapas. 4 28 de setembro de 2008 Ratsat Éxito 5 14 de xullo de 2009 RazakSat 1 Éxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Falcon (foguetes) Falcon 9

Categoría:Falcon Categoría:SpaceX