miniatura|Castelo de Marvão, Portugal. O castelo de Marvão é unha fortaleza medieval situada no Alentexo, na vila de Santa Maria de Marvão, no concello de Marvão, distrito de Portalegre (Portugal). Está clasificado como monumento nacional dende 1922.

O castelo forma parte do Parque Natural da Serra de São Mamede, na vertente norte da montaña. Atópase nunha posición privilexiada na vila, polo que ten unha gran relevancia estratéxica; no pasado, controlaba o paso do río Sever, afluente do Texo. Isto atraeu a atención de diversos monarcas, que remodelaron o castelo ata chegar ó seu aspecto actual.

Historia Antecedentes Pouco se sabe sobre o primeiro asentamento humano no sitio, que foi posiblemente un castro prehistórico. Algúns autores defenden que esta poboación se romanizou durante a conquista romana da península ibérica, recibindo o nome de Medóbriga polos lusitanos; obxecto de disputa entre as forzas de Pompeio e Xulio César, foi tomada polas tropas deste último baixo o comando do xeneral Caio Lonxino, a mediados do século I. O interese por esta localidade procedía da súa proximidade á estrada romana que unía Norba Cesarina (actual Cáceres) con Escálabis (actual Santarém), na altura da ponte que cruzaba o río Sever (en ).

Malia a ausencia de máis información acerca do período das invasións de suevos, visigodos e musulmáns, sábese que entre 876 e 877 se instalou na zona Ibn Marwán, sendo coñecida xa no século X como "Amaia de Ibn Marwán" ou "fortaleza de Amaia".

O castelo medieval No contexto da conquista de Alcácer do Sal, o rei Afonso Henriques tomou a poboación dos musulmáns entre 1160 e 1166. Cando ocorreu a demarcación do termo de Castelo Branco en 1214, Marvão xa se incluía en terras portuguesas. Sancho II concedeulle a carta foral en 1226, coa intención de manter esta sentinela poboada e defendida contra as repetidas incursións procedentes de Castela.

Afonso III doou os dominios de Marvão ós cabaleiros da Orde de Malta en 1271, logo outorgados ó seu fillo, Afonso Sanches, xunto cos señoríos de Arronches, Castelo de Vide e Portalegre. Por esta razón, ó principiar o reinado de Dinís I, a vila e o seu castelo víronse envoltos nunha disputa entre o soberano e o infante Afonso, que rematou coa conquista dos territorios polas forzas do monarca en 1299. Para poñer fin á cuestión, os dominios de Marvão, Portalegre e Arronches trocáronse polos de Sintra e Ourém, pasando os primeiros á posesión real. Dinís I confirmou a carta foral de Marvão de 1226 e emprendeu obras de ampliación e reforzo das defensas, entre as que destaca a construción da torre da homenaxe, iniciada en 1300.

Durante o reinado de Fernando I, estableceuse en Marvão o couto de homiciados. Após o seu falecemento, co inicio da crise dinástica de 1383-1385, a vila e o seu castelo defenderon o bando de Xoán I. O novo monarca e os seus sucesores concederan diversos privilexios á localidade co fin de incrementar a súa poboación e defensa. Nesta fase, emprendéronse tamén reforzos nas murallas, constatados pola presenza de cubelos datados dos séculos e .

Da guerra da restauración á contemporaneidade Durante a Restauración da Independencia de Portugal e a guerra subseguinte, as defensas de Marvão adaptáronse ós avances militares da artillería da época. A primeira fase destas obras desenvolvéronse entre 1640 e 1662, cando o abade Xoán Dama emprendeu a reconstrución dunha parte da muralla e das barbacás, que estaban en ruínas. Así mesmo, reparáronse as portas do castelo e outros elementos necesarios para a conservación e defensa da vila. Aínda en obras, foi asaltada polas forzas españolas (en 1641 e 1648), producíndose loitas na praza veciña de Valencia de Alcántara, até a conquista desta polas forzas de Antonio Luis de Meneses en 1644. Segundo un relato de Nicolás de Langres, naquela época a guarnición de infantaría e cabalaría portuguesas na fortificación eran oriúndos do castelo de Vide; a poboación de Marvão roldaba os 400 habitantes.

En 1704, a fortaleza de Marvão foi conquistada polo exército español, aínda que as tropas do conde de San Xoán a recuperaron ao ano seguinte. Décadas despois, en 1772, a vila sufriu outro asalto do país veciño. Durante a guerra da Independencia española (en ), no inicio do século , foi ocupada polos franceses e liberada en 1808. O 12 de decembro de 1833, no contexto da guerra civil lusa, foi tomada polas forzas liberais, sufrindo un asedio por parte dos miguelistas.

Na actualidade, o castelo está clasificado coma un monumento nacional, por Decreto do 4 de xullo de 1922. A intervención do poder público, por iniciativa da Dirección Xeral dos Edificios e Monumentos Nacionais, iniciouse en 1938 con reparacións, renovacións, reconstrucións, desinfeccións, limpezas e pintura, que se repetiron até o presente. Dende entón, co apoio da Liga dos Amigos do Castelo de Marvão e da Cámara Municipal, este patrimonio mantense en bo estado de conservación. Ofrécense visitas guiadas ó núcleo arqueolóxico de armaría nas dependencias do castelo.

Características O Castelo de Marvão érguese nunha cordilleira de cuarzo, a 850 metros sobre o nivel do mar, e entre as súas murallas atópase a vila medieval. Estas están reforzadas por varias torres, que se distribúen en liñas defensivas concéntricas:

a liña interior, reforzada por dúas torres, dominadas pola torre da homenaxe, de planta cadrada, á que se lle engade; a liña intermedia, coroada por ameas e reforzada por torres macizas; a liña exterior, constituída pola barbacá, de onde parte a cerca que envolve o monte e a vila. A adaptación desa defensa a finais do século XVII, converteu o castelo no baluarte da cidadela da fortaleza abaluartada, con bombardeiras nas torres, o que permitía o tiro rasante.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Tesouros de Portugal Aves no Castelo de Marvão

Categoría:Distrito de Portalegre Categoría:Castelos de Portugal