Perafort é un concello da provincia de Tarragona, en Cataluña, situado na comarca do Tarragonès. Está formado por dous núcleos de poboación: Perafort e Puigdelfí, situado a menos dun quilómetro.

Historia Atopáronse diversos restos arqueolóxicos que demostran a presenza de habitantes durante a ocupación romana. Quedou despoboado durante a época árabe e non se repoboou ata logo da Reconquista; o seu primeiro señor foi Guillem de Claramunt. Tomou parte nas actividades da Comuna del Camp.

A principios do século XIII pertenceu aos señores de Castellvell. Logo de pasar por diversas mans, en 1467 a señoría quedou en poder da curia de Tarragona.

Puigdelfí e Perafort uníronse para formar un único municipio en 1846.

Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1981 2000 2012 598 506 496 444610 1.264

Economía A principal actividade económica do municipio é a agricultura. Destacan os cultivos de viña, amendoeiras e abeleiras. Destaca tamén a actividade industrial, fomentada coa construción de polígonos industriais.

Lugares de interese Igrexa de Sant Pere de Perafort, neoclásica de tres naves, construída no século XVIII sobre un antigo templo. Ten acaroado un campanario de planta cuadrada. Igrexa de Sant Sebastià de Puigdelfí, do século XVIII, de tres naves.

Festividades Festa maior de Puigdelfí, en xaneiro. Festa maior de Perafort, o 29 de xuño.

Tranporte O 26 de decembro de 2006 inaugurouse, a medio camiño entre Perafort e La Secuita, a estación de Camp de Tarragona, pertencente á liña de alta velocidade Madrid-Barcelona-Fronteira francesa.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya

Categoría:Concellos da provincia de Tarragona