O monte Darwin é o segundo cumio máis alto da Illa Grande da Terra do Fogo, cunha altitude de 2438 msnm. Forma parte dun brazo meridional da cordilleira dos Andes, a Cordilleira Darwin, xusto ao norte do canal Beagle. Está formada por xistos cristalinos, e a súa ladeira sur está cuberta dun pequeno campo de xeo. miniatura
Bautizouse con ese nome durante a segunda viaxe do HMS Beagle polo seu capitán Robert FitzRoy, para celebrar o vixésimo quinto aniversario de Charles Darwin, o 12 de febreiro de 1834.
Véxase tamén Outros artigos Monte Shipton Bibliografía Adrian Desmond e James Moore, Darwin (Londres: Michael Joseph, The Penguin Group, 1991). ISBN 0-7181-3430-3 Ligazóns externas Mount Darwin, a climbers challenge and the highest peak in Tierra del Fuego (en inglés)
Categoría:Montañas de Chile