Gustavo Daniel Cabral, nado en Isidro Casanova, La Matanza, o 14 de outubro de 1985, é un futbolista arxentino. Xoga na demarcación de defensa central. Actualmente xoga no Club de Fútbol Pachuca.

Traxectoria Debutou co Racing Club o 12 de decembro de 2003, e ao cabo de pouco tempo afianzouse no primeiro equipo, chegando a xogar máis de 100 encontros.

En xaneiro de 2008 ficha por River Plate, onde se proclamou campión do Torneo Clausura ese mesmo ano e co que disputou encontros da Copa Libertadores e a Copa Suramericana

En 2010 fíxose cos seus servizos o Arsenal Sarandí a custo cero, porén non chegou a debutar co equipo xa que se sucederon varias cesións, primeiro ao Club Deportivo Estudiantes Tecos e despois á Primeira División Española ao Levante UD na tempada 2011/12 e ao Celta de Vigo en 2012 por dúas tempadas.http://www.sport.es/es/noticias/mercado-de-fichajes/celta-ficha-gustavo-cabral-2069341

Coa selección arxentina En 2005 formou parte da Selección de fútbol da Arxentina Sub-20 que gañou o Mundial de Fútbol Xuvenil e foi convocado coa Absoluta para un amigábel contra Chile aínda que non chegou a debutar.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Racing Club de Avellaneda Categoría:Xogadores do CA River Plate Categoría:Xogadores do Arsenal de Sarandí Categoría:Xogadores do CD Estudiantes Tecos Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Pachuca CF