Ricciardo e Zoraide (en galego Ricardo e Zoraida) é unha ópera seria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Francesco Berio di Salsa (quen xa escribira o libreto para Otello de Rossini en 1816) baseado nos cantos XIV e XV do poema épico ''Ricciardetto (1738) de Niccolò Forteguerri. A súa estrea tivo lugar no Teatro San Carlo de Nápoles o 3 de decembro de 1818.

Historia A ópera, que durante un tempo gozou de boa reputación, agora se encontra totalmente desaparecida do repertorio, en parte a causa da súa complicada trama: foi representada en 1990 no Rossini Opera Festival con June Anderson e William Matteuzzi nos papeis protagonistas, acompañados por Bruce Ford como Agorante, e baixo a dirección de Riccardo Chailly.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 3 de decembro de 1818(Director: Nicola Festa)Agorante, rei de Nubia, encaprichado de ZoraidetenorAndrea NozzariZomira, dona de AgorantecontraltoBenedetta Rosmunda PisaroniZamorre, confidente de AgorantetenorGaetano ChizzolaElmira, confidente de ZomiramezzosopranoRaffaella de BernardisIrcano, un príncipe nubiobaixoMichele BenedettiZoraide, filla de Ircano, namorada de RicciardosopranoIsabella ColbranRicciardo, un cabaleiro cristián, namorado de ZoraidetenorGiovanni DavidFatima, confidente de ZoraidemezzosopranoMaria ManziErnesto, amigo de Ricciardo, embaixador do campo cristián tenorGiuseppe Ciccimarra

Argumento O Rei Nubio Agorante, que está namorado de Zoraide, derrotou a seu pai Ircano e o Capturou. Ricciaro, un cabaleiro cristián e amante de Zoraide, acompaña a un emisario para pedir a súa liberación. A muller celosa de Agorante, Zomira, organiza a captura de Ricciardo así como a trama para facer que os xoves amantes sexan executados para protexer a súa posición como Raíña. A ópera remata cun exército de cabaleiros cristiáns rescatando a Ricciardo e Zoraide. Ricciardo perdoa a vida a Agorante.

Orquestración A partitura de Rossini require a utilización de: 2 frautas (tamén piccolo), 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots 4 trompas, 2 trompetas, 3 trombóns, serpentone Timbais, bombo, platillos Banda Archi

Gravacións AnoElenco:Agorante, Zoraide, Ricciardo, ZomiraDirector,Teatro de ópera e orquestraSeloGravacións de Ricciardo e Zoraide en operadis-opera-discography.org.uk1990Bruce Ford,June Anderson,William Matteuzzi.Gloria ScalchiRiccardo Chailly, Orquestra do Teatro Comunale di Bologna e Coro Filharmónico de PragaVHS Video: Bel Canto SocietyCat: #6191995 Bruce Ford,Nelly Miricioiu,William Matteuzzi,Della Jones David Parry,Orquestra da Academy of St Martin in the Fields e Geoffrey Mitchell ChoirCD de son: Opera RaraCat: ORC 14

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4 Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregon: Amadeus Press, 1994 ISBN 0-931340-71-3 Osborne, Richard, "Ricciardo e Zoraide" in The New Grove Dictionary of Opera, Stanley Sadie (Ed.). (Londres: MacMillan, 1992) ISBN 0-333-73432-7 Steen, Michael and Richard Osborne, The Lives and Times of the Great Composers: His Life and Works, Oxford University Press, 2007, pp. 271-278. ISBN 0-19-518129-8

Ligazóns externas Almanacco di Gherardo Casaglia en Amadeus Almanac, amadeusonlkine.net Farr, Robert, Recording review: Ricciardo e Zoraide, Opera Rara, Music Web International. Notas, discografía e libreto (italiano / castelán) en Kareol

Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Nápoles Categoría:Óperas de 1818