Steven Ralph "Steve" Schirripa, nado en Bensonhurst (Brooklyn, Nova York) o 3 de setembro de 1957, é un actor de voz estadounidense de cinema e televisión, así como produtor e autor. É máis coñecido por interpretar o papel de Bobby Baccalieri en The Sopranos e ó detective Anthony Abetemarco en Blue Bloods. Schirripa é produtor e presenta dúas series de Investigation Discovery: Karma's A B*tch! e Nothing Personal. Forma parte do elenco de The Secret Life of the American Teenager e é a voz de Roberto na franquía cinematográfica Open Season. Schirripa tamén apareceu como imaxe de marcas como Lamisil, Dick's Sporting Goods e McDonald's.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1957 Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía