O lichi (Litchi chinensis) é unha árbore froiteira tropical orixinaria do sur da China, onde a coñecen coma 荔枝 (pinyin: lìzhī), o sur de Indonesia e o leste de Filipinas, onde a coñecen coma alupag. É realmente a única representante do xénero Litchi da familia das Sapindaceae.
Os seus froitos coñécense co nome de lichisNome galego do froito en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega.. Cultívanse, ademais das súas zonas de orixe, na India, Madagascar, Nepal, Bangladesh, Paquistán, sur e centro de Taiwán, a norte do Vietnam, Tailandia, Suráfrica e México.
Comézase a ver nas froitarías de Galicia, como froita exótica tropical.
Descrición A árbore é de tamaño medio, atinxindo 15-20 metros de altura, con follas alternadas, cada folla ten uns 15-25 centímetros de longo, con 2-8 folíolos laterais de 5-10 centímetros de longo; o folleto terminal está ausente. As follas novas son dunha cor vermella brillante, tornándose verdes ao maduraren. As flores son pequenas, verde branco amarelado ou branco.
Os froitos, semellantes aos amorodos, prodúcense en acios e posúen unha a casca rugosa e de cor vermella fácil de depelicar. A polpa é xelatinosa, translúcida, zumarenta, lembrando o sabor da froita da Talisia esculenta (pitomba) e de semellante carabuña. Consómese fresca, tamén en zumes, compotas ou a xeito de froita pasa. Contén un alto índice de vitamina C, alén de posuír as do complexo B, sodio, calcio e potasio.
Subespecies Posúe tres subespecies: L. c. chinensis, a máis coñecida, cultivada en todo o sueste, leste e sur asiático, sur de África, Hawai, Estados Unidos e con crecente produción brasileira. L. c. javanensis, cultivada só na Indochina e en Xava; L. c. phillippenis, que produce froitos non comestíbeis;
Usos Pode ser consumido fresco, en zumes, en forma de doces, xeleas, iogures e sorbetes. O lichi é tamén utilizado na fabricación de cosmeticos pois o froito posúe propiedades antioxidantes.
Notas
Véxase tamén Longán Rambután
Ligazóns externas Litchi chinensis Sonn
Categoría:Litchi Categoría:Flora de Asia Categoría:Froiteiras Categoría:Plantas descritas en 1782 Categoría:Froitas exóticas