O 19 de maio é o 139º día do ano do calendario gregoriano e o 140º nos anos bisestos. Quedan (226) días para finalizar o ano.

Acontecementos 1536 - Ana Bolena é decapitada na Torre de Londres. 1935 - O Papa Pío XI canoniza a Tomás Moro. 2000 - O Deportivo da Coruña proclámase campión da Liga na última xornada da tempada.

Nacementos miniatura|100px|Johann Gottlieb Fichte. 1762 - Johann Gottlieb Fichte, filósofo alemán. 1842 - Manuel López Lorenzo, xornalista e escritor galego. 1870 - Kitarō Nishida, filósofo xaponés (m. 1945). 1881 - Mustafa Kemal Atatürk, fundador e primeiro presidente da república de Turquía (m. 1938). 1887 - Gregorio Marañón, científico e escritor español. 1890 - Ho Chi Minh, líder comunista do Vietnam. 1896 - Antón Crestar, galeguista e promotor cultural (m. 1983). 1898 - Julius Evola, filósofo italiano (m. 1974). 1904 - Daniel Guérin, escritor anarquista francés. 1914 - Max Ferdinand Perutz, químico británico, Premio Nobel de Química. 1925 - Malcolm X, líder do nacionalismo negro estadounidense. 1928 - Pol Pot, político camboxano. 1942 - Flemming Quist Møller, escritor dinamarqués. 1945 - Pete Townshend, guitarrista e compositor británico. 1951 - Joey Ramone, cantante da banda de punk rock The Ramones (m. 2001). 1957 - Xosé Manuel Rodríguez Durán, xornalista e escritor galego. 1969 - Thomas Vinterberg, cineasta dinamarqués.

Mortes miniatura|100px|Ana Bolena. 1536 - Ana Bolena, esposa de Henrique VIII de Inglaterra (n. 1501). 1864 - Nathaniel Hawthorne, novelista e escritor de historias curtas norteamericano (n. 1804). 1895 - José Martí, poeta e político cubano (n. 1853). 1922 - Heinrich Quincke, médico alemán. 1935 - T. E. Lawrence, Lawrence de Arabia, oficial de enlace británico durante a sublevación árabe de 1916 a 1918. (n. 1888). 1967 - María Mariño, escritora galega (n. 1907). 1987 - Valentín Paz-Andrade, político e escritor galego (n. 1898). 1994 - Luis Ocaña, ciclista español (n. 1945). 1998 - Juan Bautista Fuenmayor, líder comunista venezolano (n. 1905). 2001 - Jesús Suevos, político e xornalista galego (n. 1907). 2009 - Marcelino Pardal Pouso, anarquista galego (n. 1917). 2011 - Garret FitzGerald, político irlandés (n. 1926).

Festas e celebracións Día de Santo Ivo (Patrón da Bretaña)

Outros

Os 366 días do ano

Categoría:Maio