Manuel López Arias, nado en Monforte de Lemos o 12 de maio de 1936 e finado en Vilagarcía de Arousa o 19 de xullo de 2025, foi un futbolista galego, máis coñecido como Manolín. Xogaba na demarcación de gardameta.
Traxectoria Formouse futbolisticamente xogando nos equipos de Monforte, o Arenas e o Lemos, este xa na Terceira División.
Na tempada 1953/54 fichou polo Celta de Vigo, porén sería cedido á Cultural Leonesa, xa que a portería estaba cuberta con Adauto, Dauder e Padrón.
Finalmente debutou na Primeira División o 19 de febreiro de 1956 substituíndo a Padrón.
Trala marcha en anos consecutivos de Adauto e Dauder comezou a contar con oportunidades a partir da tempada 1957/58.
Tras asentarse como titular na tempada 1958/59, ano no que o equipo descendeu a Segunda División, o Sevilla FC fichouno en 1959.
En Sevilla competiu durante seis anos sen chegar nunca a ser titular indiscutíbel.
En 1965 fichou polo CF Badalona e un ano despois polo Granada CF, onde se retirou do fútbol en activo en 1969.
Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Futbolistas de Monforte de Lemos Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Club Lemos Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do CF Badalona Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes