A igrexa de San Martiño de Fiestras é a igrexa parroquial de Fiestras, no concello pontevedrés de Silleda.
Descrición Algúns aspectos da igrexa, como a súa ábsida, fan pensar nunha antiga construción románica ou incluso noutra anterior de orixe visigótica. Ao adro e cemiterio, accédese dende a antiga estrada a Forcarei mediante unha escaleira, a carón da cal se atopa o cruceiro parroquial.
Galería de imaxes
Categoría:Igrexas de Silleda Categoría:Igrexas románicas de Galicia Fiestras