Ana Ivanović, nada o 6 de novembro de 1987 en Belgrado, é unha ex tenista profesional serbia que conseguiu chegar ó número un da clasificación da WTA. En 2008, gañou a Dinara Safina para conseguir o Roland Garros. Chegou a dúas finais mais de Grand Slam no propio torneo francés en 2007 e do Open de Australia de 2008. En toda a súa carreira gañou 15 títulos individuais da WTA. Representou a Serbia tanto na Fed Cup coma nos Xogos Olímpicos de Londres e Río e formou parte duns anos gloriosos do tenis do seu país o alternarse no número un coa súa compatriota Jelena Jankovic e compartindo éxitos con Novak Djokovic na categoría masculina.
Competiu como profesional dende o ano 2003 e anunciou a súa retirada en decembro de 2016 con só 29 anos e admitindo que as lesións tiñan lastrado o seu xogo nos últimos anos.
Está casada co futbolista alemán Bastian Schweinsteiger.
Torneos de Grand Slam Campión Individuais (1) Ano |width="175"|CampionatoOpoñente na final |width="175"|Resultado en final2008 Roland Garros Dinara Safina 6–4, 6–3
Finalista en Individuais (2) Ano |width="175"|CampionatoOpoñente na final |width="175"|Resultado en final2007 Roland Garros Justine Henin 6–1, 6–22008 Australian Open Maria Sharapova 7–5, 6–3
Clasificación en torneos de Grand Slam Torneo 2013 2012 2011 2010 2009 2008 2007 2006 2005 2004 2003 G-P Títulos Australian Open4R4R1R2R3RF3R2R3R--20–90Roland Garros3R1R2R4RGF3RCF--25–71Wimbledon4R3R1R4R3RSF4R3R--20–80US OpenCF4R4R1R2R4R3R2RRC-17–80Lenda: G:Torneo gañado; F:Finalista; SF:Semifinalista; CF:Cuartos de final</small>
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de Ana Ivanović Perfil na Women's Tennis Association Perfil na International Tennis Federation
Categoría:Tenistas femininas de Serbia Categoría:Campións do Roland Garros Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Belgrado Categoría:Tenistas olímpicos de Serbia Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2016