miniatura|dereita|Modelo da LRP1 (baseado en PDB 1cr8). O CD91 (cluster de diferenciación 91) ou proteína 1 relacionada co receptor da lipoproteína de baixa densidade (LRP1, Low density lipoprotein receptor-related protein 1), tamén chamada receptor de alfa-2-macroglobulina (A2MR), ou receptor de apolipoproteína E (APOER), é unha proteína da superficie celular de certas células, que forma un receptor implicado na endocitose mediada por receptor. Nos humanos está codificado no xene LRP1 do cromosoma 12.
Características A LRP1 sinteízase como un precursor longo glicoproteico, que é procesado na rede trans-Golgi polo encima furina, xerando unha subunidade alfa e outra beta máis pequena de 85 kDa, que permanecen ligadas non covalentemente durante o seu transporte á membrana plasmática. A fosforilación da cola da LRP1 regula a introdución do ligando na célula e a transdución de sinais.OMIM 107770
Función A LRP1 está implicada en varios procesos celulares, como a sinalización intracelular, homeostase lipídica, e eliminación de células apoptóticas.
LRP1 e a enfermidade de Alzheimer As neuronas precisan colesterol para funcionar. O colesterol é importado ao interior da neurona pola apolipoproteína E (apoE) por medio de receptores LRP1 da superficie celular. A expresión do receptor de lipoproteínas LRP1 regula os niveis de apoE e colesterol no sistema nervioso central. A clivaxe feita polo encima gamma-secretase da proteína precursora amiloide é importante na regulación do metabolismo da apoE e do colesterol a través do LRP1, o que establece unha vinculación entre a proteína precursora amiloide e a apoE, que son os dous maiores determinantes do Alzheimer.
Algúns estudos atoparon que o LRP media a endocitose e degradación da proteína precursora amiloide segregadaKounnas, M. Z., Moir, R. D., Rebeck, G. W., Bush, A. I., Argraves, W. S., Tanzi, R. E., Hyman, B. T., Strickland, D. K. LDL receptor-related protein, a multifunctional ApoE receptor, binds secreted beta-amyloid precursor protein and mediates its degradation. Cell 82: 331-340, 1995. PMID 7543026. . Outros estudos indican que a alfa-2 macroglobulina (A2M), por medio do LRP, media a eliminación do amiloide beta xerado pola proteína precursora amiloide, que é o principal compoñente das placas amiloides na enfermidade de Alzheimer.Narita, M., Holtzman, D. M., Schwartz, A. L., Bu, G. Alpha-2-macroglobulin complexes with and mediates the endocytosis of beta-amyloid peptide via cell surface low-density lipoprotein receptor-related protein. J. Neurochem. 69: 1904-1911, 1997. PMID 9349534.
Interaccións O LRP1 ou CD91 interacciona con: apolipoproteína E, lipoproteína lipase, receptor de uroquinase, MAPK8IP2, activador do plasminóxeno dos tecidos, trombospondina 1, SYNJ2BP, DLG4, NOS1AP, calreticulina, APBB1, ITGB1BP1, MAPK8IP1, GIPC1 e SHC1.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Ligazóns externas MeshName - CD91+Antigen
Categoría:Antíxenos CD