O azul é unha das tres cores-luz primarias, e cor-pigmento secundaria, resultado da superposición dos pigmentos ciano e maxenta. Atópase na faixa 470 nm do espectro de cores visíbeis.
Sinónimos: cerúleo, cárdeo, celeste, azur, zafiro. Tipos Azul celeste: azul moi claro. Azul cobalto, azul intenso, feito da materia colorante que resulta da mestura de aluminio e fosfato de cobalto. O azul cobalto emprégase moito en pintura. Azul mariño, azul escuro. Azul turquesa, azul claro tirando lixeiramente a verde.
Uso, simbolismo e expresións coloquiais
O azul acostuma estar asociado á frieza, depresión, monotonía. E, por iso mesmo, tamén á paz, á orde, á harmonía. Entre os matices, é o menos expansivo aos ollos.
Peixe azul A denominación en base nutricional do grupo de peixes que contén máis dun 5% de graxa, a diferenza do magro ou branco, con só un 2%. Sangue azul Dise da persoa de familia nobre ou real.
Galería
Véxase tamén
Outros artigos Lista de cores
Categoría:Cores