A dos cirrípedes (Cirripedia) é unha infraclase de crustáceos mariños da clase dos maxilópodos e da subclase dos tecóstracos.Cirripedia no WoRMS. Consultado o 20 de xaneiro de 2020.

Os seus membros máis coñecidos son os percebes, pero a clase inclúe outras especies como os arneiros ou o percebe da madeira.

A especie representativa é o percebe común (Pollicipes pollicipes).percebe no Dicionario da RAG.

Taxonomía Descrición A infraclase foi descrita en 1834 polo naturalista, paleontólogo e zoólogo alemán nacionalizado arxentino Hermann Burmeister (tamén coñecido como Karl Hermann Konrad Burmeister ou Carlos Germán Conrado Burmeister).

Etimoloxía O nome científico Cirripedia está formado pola unión dos elementos do latín científico cirr- e -pedia, derivados, respectivamente, do latín cirrus, "rizo", "floco", e a raíz pedi- do xenitivo de pes, pedis, "pé",Cirripedia no Merriam-Webster Dictionary. coa adición do sufixo -a para indicar plural.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a infraclase coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes: Thyrostraca Cirrhopoda Cirrhipoda Cirrhipedia

Clasificación miniatura|230px|Piña de percebes. miniatura|230px|Arneiros. miniatura|230px|Piña de percebes da madeira sobre a cuncha dun náutilo.

Segundo o WoRMS, a clasificación taxonómica dos cirrípedes é a seguinte: Infraclase Cirripedia Burmeister, 1834 Superorde Acrothoracica Gruvel, 1905 Orde Cryptophialida Kolbasov, Newman & Hoeg, 2009 Orde Lithoglyptida Kolbasov, Newman & Hoeg, 2009 Superorde Rhizocephala Müller, 1862 Orde Akentrogonida Häfele, 1911 Orde Kentrogonida Delage, 1884 Superorde Thoracica Darwin, 1854 Orde Ibliformes Buckeridge & Newman, 2006 Orde Lepadiformes Buckeridge & Newman, 2006 Orde Scalpelliformes Buckeridge & Newman, 2006 Orde Sessilia Buckeridge & Newman, 2006

Porén, o ITIS considera esta outra: Cirripedia Burmeister, 1834 no ITIS, Consultado o 20 de xaneiro de 2020. Infraclase Cirripedia Burmeister, 1834 Superorde Acrothoracica Gruvel, 1905 Orde Apygophora Berndt, 1907 Orde Pygophora Berndt, 1907 Superorde Rhizocephala Müller, 1862 Orde Akentrogonida Häfele, 1911 Orde Kentrogonida Delage, 1884 Superorde Thoracica Darwin, 1854 Orde Pedunculata Lamarck, 1818 Orde Sessilia Lamarck, 1818

Características Son de hábitos sésiles (viven fixos sobre o substrato) polo que durante séculos foron considerados moluscos.

Foi ó coñecer o ciclo biolóxico e estudar a morfoloxía das larvas, tipo cipris, cando se admitiu que se trataba de crustáceos cunha estrutura moi modificada.

Poden dispoñer dun pedúnculo, co que se fixan ó substrato, ou non, pero en calquera caso teñen o corpo protexido por placas calcarias.

Bioloxía As larvas son sempre de vida libre, e atravesan por dúas fases larvais: Como larva nauplius, forma parte do zooplancto, flotando nas augas arrastradas polo vento, as ondas e as correntes mariñas. Aliméntanse activamente e alcanzan o segundo estado ó cabo de dúas semanas. Como larva cipris xa non se alimentan e son nadadoras activas.

Cando a larva cipris atopa un lugar adecuado, fíxase e inicia o proceso de metamorfose, dando lugar a un cirrípede xuvenil, que posúe unha morfoloxía consistente en seis placas externas a modo de armadura. Durante o resto da súa vida, os cirrípedes son sésiles e aliméntanse por filtración, grazas ás correntes de auga creadas ó axitar os seus apéndices. Unha vez completada a metamorfose e alcanzada a forma adulta, seguen crecendo pero xa sen sufrir mudas, senón por adición de material á cuberta calcificada.

Como outros invertebrados, os cirrípedes son hermafroditas e alternan o estado masculino e feminino temporalmente. É dicir un mesmo individuo pode ser inicialmente macho e logo femia, ou viceversa.

Algúns cirrípedes, como as especies do xénero Sacculina, son parasitos doutros crustáceos. Outros, como os chamados "amorfos" ou Verrucomorfa son comensalistas e viven sobre as espinas dos ourizos ou sobre a pel das baleas.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Alan J. Southward, ed. (1987): Barnacle Biology. Crustacean Issues. 5. Leiden, Netherlands: CRC Press / A. A. Balkema. ISBN 978-90-6191-628-4.

Ligazóns externas Barnacles in Spain . Artigo sobre os percebes en España, a súa colleita e a súa gastronomía . Darwin, C. R. (1852): The Lepadidæ. A monograph of the sub-class Cirripedia, with figures of all the species. 1. Londres: Ray Society. Darwin, C. R. (1854): [http://darwin-online.org.uk/content/frameset?itemID=F339.2&viewtype=text&pageseq=1 The Balanidæ (or sessile cirripedes); the Verrucidæ, etc]. A monograph of the sub-class Cirripedia, with figures of all the species. 2. Londres: Ray Society. Páxina da universidade de Jussieu sobre os Cirripèdes .

Categoría:Crustáceos