A dalia é unha planta ornamental pertencente ao xénero Dahlia, un xénero botánico pertencente á familia Asteraceae. De raíz tuberosa, cultívase polas súas flores vistosas. É común na xardinaxe galega.
Etimoloxía O nome orixinal da dalia provén do nahuatl acocoxochitl, que vén de: a-tl (auga), coco-tli (tubo) e xochitl (flor).
O nome xenérico Dahlia, o nome galego, e en xeral de todas as linguas occidentais, vén do botánico sueco Anders Dahl (1751-1789), quen introduciu a planta en Europa.
Descrición É unha herbácea de porte medio, perenne. Cando é adulta, a planta chega a atinxir os 1,50 metros. A mayoría das dalias son plantas herbáceas ou arbustivas, ás veces epífitas ou rubideiras. As herbáceas son anuais, pois a súa follaxe desaparece no inverno, mais as súas raíces tuberosas fican soterradas, de onde agroman novas planta na seguinte estación de choivas. As arbustivas son perennes e polo xeral teñen raíces tuberosas moi desenvolvidas. Os talos son ocos (de aí o nome en náhuatl “Acocoxóchitl”) ou compactos e, as follas son opostas ou verticiladas (orixínanse arredor dun mesmo punto e se distribúen en diferentes direccións), simples a tres veces compostas. A follaxe varía entre láminas enteiras e láminas divididas.
As flores están formadas de varias estruturas (compostas) que en conxunto se denominan cabeciñas: flores liguladas (en forma de lingua) situadas ao exterior, cuxa aparencia é semellante á dun pétalo (brancas, moradas, amarelas ou vermellas); e as tubulares ou flores de disco (amarelas ou moradas), que se asemellan a un prato, ambas as dúas fican dispostas sobre unha base común chamada receptáculo.(Calderón y Rzedowski,2001). En conxunto forman o capítulo. Na actualidade, as dalias chamadas duplas incrementaron o número e tamaño de flores liguladas. Os froitos son secos, dunha soa semente e indehiscentem, aquenios de forma oval lanceolada. As follas semellan ser máis diversas entre as especies cás mesmas flores.
Historia É orixinaria do México, onde é moi popular. Os indios precolombianos daquela rexión foron os primeiros a cultivar dalias, aínda no período do imperio Azteca. Contra o final do século XVIII, o director do Xardín Botánico de Madrid encantouse coa flor durante unha visita a México. Foi de abondo para que a dalia atravesase o océano e chegase a Europa, onde se adaptou moi ben ao clima temperado.
Foi o botánico sueco A. Dahl, responsábel da expansión das dalias pola rexión nórdica de Europa, quen inspirou o nome da flor. Os holandeses e os franceses foron os maiores introdutores do cultivo e da produción de innumerábeis especies híbridas de dalias. A inmigración holandesa contribuíu moito á propagación desta flor no Brasil.
Hoxe, grazas ao xurdimento de varios híbridos, podemos encontrar diversos tipos de dalias, o que resulta nunha gran variedade de formas (pompón, bóla, decorativa etc.) e cores (branca, alaranxada, vermella, amarela, pink). Son máis de 3.000 variedades resultantes de cruzamentos con outras especies, coma os crisantemos, por exemplo.
Cultivo A reprodución é por medio de sementes, escallos ou división das raíces tuberosas; esta última forma permite a propagación dun exemplar con características idénticas ás da planta nai. O substrato ideal para o plantío constará de dúas partes de terra común, dúas partes de terra vexetal e unha parte de area. Os solos de Galiza acostuman ser favorábeis para o seu cultivo.
O clima ideal é o temperado. En locais de clima frío precisa dun mínimo 4 horas de sol pleno; en climas quentes, recoméndase o cultivo a media sombra. Respecto das regas, cómpre manter o solo sempre húmido, sen enchoupar. Como coidado especial, necesita protección contra o vento e fertilización orgánica cada tres meses.
A floración produce flores illadas na primavera e no verán, de diferentes cores.
Variedades de dalias Dahlia "Firebird" Dahlia "G.F. Hemerick" Dahlia "Garden Wonder" Dahlia "Gina Lombaert" Dahlia "Glorie Van Naardwijk" Dahlia "Glorie Heemstede" Dahlia "Glory F. Hemerick" Dahlia "Glow" Dahlia "Hartenaas" Dahlia "Hit Parade" Dahlia "House of Orange" Dahlia "La Gioconda" Dahlia "Lady Linda" Dahlia "Lavender perfection" Dahlia "Lucky Number" Dahlia "Musette" Dahlia "Nuit d'été" Dahlia "Orange Nugget" Dahlia "Orange Wealt" Dahlia "Park Princess" Dahlia "Patty" Dahlia "Pianella" Dahlia "Playa blanca" Dahlia "Pomponnette" Dahlia "Popular Guest" Dahlia "Prefere" Dahlia "Preference"
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Raíz tuberosa
Categoría:Coreopsideae Categoría:Flores Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora de América do Norte Categoría:Símbolos de México