Francisco Rivera Cela, nado en Lugo o 29 de setembro de 1941, é un xornalista galego.

Traxectoria Formouse como técnico de radiodifusión. A súa carreira xornalística comezou en novembro de 1954 cun programa de deporte escolar. Despois traballou en El Progreso, Localia, Telelugo e a Cope.

Foi xerente do Padroado de Cultura do Concello de Lugo e redactor xefe de Cope Lugo ata 2000. Dirixiu as revistas El Confidencial e Praza Maior. Dirixiu e presentou o programa Lucenses, en Telelugo, desde 1997. Foi presidente da Asociación Provincial de Radio e Televisión (desde onde instaurou os premios Lucenses do Ano) e da Asociación da Prensa Deportiva. Tamén foi responsable do Bimilenario de Lugo.

Colabora en radio e mantén un blog dentro da web do Grupo El Progreso. Vida persoal

É pai da escritora Marta Rivera de la Cruz, con quen escribiu o libro Lucenses II.

Obras Lucenses, 1974. Lucenses II, 1999.

Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Francisco Rivera

Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1941 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes