dereita|miniatura|150px|Cancioneiro de Baena.

dereita|miniatura|150px|Folio 1.

O Cancioneiro de Baena é o primeiro cancioneiro coñecido en lingua castelá. O seu título completo é Cancionero de poetas antiguos que fizo é ordenó e compuso é acopiló el judino Johan Alfon de Baena. Foi recompilado por Juan Alfonso de Baena cara a 1445 (outras fontes sinalan entre 1426 e 1430) para ofrecerllo como regalo a Xoán II de Castela, amante deste tipo de literatura e autor de lírica el mesmo, así como o seu valido, o condestable Álvaro de Luna.

O manuscrito orixinal estivo na biblioteca de Isabel a Católica, e despois pasou á biblioteca de El Escorial. Posteriormente foi levado para facer estudos sobre el, e os herdeiros do estudoso José Antonio Conde o venderon, sendo adquirido pola Biblioteca Nacional de Francia.

Cada poeta ten unha pequena presentación, e conta cun prólogo onde se loa o valor da palabra e da arte da poesía. A obra foi publicada por vez primeira en Madrid en 1851 por Pedro José Pidal, e existe unha edición moderna de Joaquín González Cuenca e Brian Dutton.

Descrición Son 576 composicións de 56 autores coñecidos de finais do século XIV e comezos do XV e de 10 autores descoñecidos. As obras pertencen a dúas escolas:

a escola galego-castelá. Son os poetas máis vellos. Presenten influencia provenzal. Usan con frecuencia o galego ou os galeguismos. Adoitan usar métrica de arte menor (versos octosílabos). Entre os autores desta escola están Macías o Namorado, o Arcediago de Toro, Alfonso Álvarez de Villasandino ou Pero Ferrús. Algúns estudosos, a partir de Marcelino Menéndez Pelayo, concluíron que dentro desta primeira escola poden separarse os autores galegos dos casteláns, falando así dunha terceira escola, a castelá. a escola alegórico-dantesca. Son autores máis modernos. A súa influencia é italiana, e compoñen en lingua castelá. Adoitan usar versos de arte maior (dodecasílabos). Entre eles está a obra de Francisco Imperial.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Literatura galego-portuguesa

Ligazóns externas

Centro documental Juan Alfonso de Baena Cancioneiro en SpanishArts.com.

Categoría:Cancioneiros Categoría:Documentos conservados na Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Obras literarias en castelán