O escribidor de cabeza negra é unha ave da familia das Emberizidae.
Morfoloxía e hábitos miniatura|Emberiza melanocephala. Ten unha lonxitude de 15 a 17 cm. É unha especie moi similar ao escribidor amarelo, indentificable pola caparuza negra e os costais superiores cor parda clara. As femias e xuvenís son amarelos sen caparuza. Moi emparentado coa Escribenta carivermella, coa que hibrida localmente. De feito, os xuvenís son practicamente indiferenciables, O mesmo acontece cos machos durante o primeiro ano de vida.
Habita en campos abertos con árbores e en zonas con matogueiras, campos de oliveiras e vides, fragas de ribeira e ladeiras de montañas.
Distribución Durante a época de cría (maio a xullo) localízase no sur de Italia, os Balcáns, Asia Menor, o Cáucaso e o norte da península Árabe. Hiberna na India.
Notas
Véxase tamén Bibliografía C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove, 2009. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest .
Categoría:Emberícidos Categoría:Animais descritos en 1769