Manuel Taboada Cid, nado en Verín o 29 de marzo de 1946 e finado en Santiago de Compostela o 27 de xullo de 1993, foi un filólogo galego.
Traxectoria Fillo de Xesús Taboada Chivite, empezou a súa afección pola investigación da man do seu pai. Estudou na Academia Verinense e no IES Otero Pedrayo de Ourense. Comezou os estudos universitarios na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela en 1963 e despois inscribiuse en Filoloxía Románica.
En 1968 foi lector de español no Lycée de Garçons de Auch (Francia). Retornado a España, recibiu unha bolsa do Departamento de Filoloxía Románica para realizar traballos de campo. En 1971 acadou a licenciatura co traballo "Vocabulario y notas etnográficas de la Mezquita (Ourense)" e comezou a impartir clases no Instituto Otero Pedrayo de Ourense. En 1972 retornou ás aulas universitarias de Compostela. Nomeado Director Xeral de Política Lingüística (1986-1987), impulsou o uso do galego, galeguizando a administración dos centros docentes.
Reintegrado á Universidade, en 1990 obtivo á cátedra de Historia de la Lengua Española na Universidade de Oviedo e despois pasou á Universidade da Coruña, onde foi o primeiro catedrático de Gramática Histórica do Español.
Publicou artigos en revistas especializadas (Verba, Boletín Auriense, Gallaecia) e comunicacións e relatorios en congresos de Galicia e do estado. Pertenceu ao Grupo Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Obras "Vocabulario y notas etnográficas de la Mezquita (Ourense)". "El arado radial en el sur de la provincia de Orense". "Afinidades lingüisticas galego-portuguesas na fronteira de Ourense". "El habla del Valle de Verín".
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía
Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados por cancro