Ángel Senra Fernández, nado en Santa Cristina de Barro (Noia) en 1860 e finado na Coruña o 2 de abril de 1932, foi un empresario e político galego. Foi alcalde da Coruña en 1931.

Traxectoria Traballou como aprendiz e despois como operario en Brión, Santiago, Ordes e Oza dos Ríos. Estableceu o seu primeiro taller no Burgo. Trasladouse ao Portádego e de alí a Monelos, establecéndose finalmente na rúa da Alameda da Coruña. Pasou despois a Santo André e o Cantón Grande, onde instalou a súa primeira fábrica de calzado, que trasladou en 1912, a un local edificado nas hortas de Pernas. Durante a primeira guerra mundial subministrou ao exército francés. En 1924 montou unha gran fábrica de calzado na Parromeira. A fábrica chegou a exportar ata mil pares de zapatos diarios, unha gran parte para países suramericanos.

Membro da Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, durante moito tempo foi vicepresidente primeiro. Republicano, foi concelleiro e tenente de alcalde en varias corporacións. Coa proclamación da Segunda República foi nomeado gobernador civil interino. E o 17 de abril foi elixido, por unanimidade, alcalde da cidade. Mantívose no cargo ata o 26 de agosto de 1931, cando presentou a súa dimisión por motivos de saúde. Faleceu un ano despois. miniatura|Tumba de Ángel Senra no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Empresario modelo y alcalde republicano artigo en La Voz de Galicia

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1932