Para a familia lingüística da cal o algonquino forma parte, vexa Linguas algonquinas.
O algonquino é unha lingua do grupo algonquino falada polo pobo algonquino que habita no Canadá. Próxima ao ojibwa, algúns lingüistas considéranno un dialecto diverxente desta lingua.Por exemplo Marianne Mithun en The languages of native North America Cambridge University Press, 2001 O algonquino ten unha morfoloxía polisintética complexa, organiza o verbo nunha serie de catro clases en torno a unha polaridade «animada/inanimada». (Os verbos son transitivos ou intransitivos dependendo se as clases son inanimadas ou animadas). Outra orixinalidade desta lingua é o marcador «directo-inverso» que segue a terminación do verbo e que depende se a persoa que o utiliza é o suxeito ou o obxecto da acción. O algonquino está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Distribución xeográfica miniatura|Territorio actual onde se fala algonquino. Fálase en 10 reservas e territorios indios do suroeste do Quebec e na zona de Maniwaki e Golden Lake en Ontario. Segundo o censo de 2016 ten uns 3.330 falantes.
Falantes Segundo o censo de 2006 había 2020 persoas que tiñan o algonquino como lingua materna, chegando a 2560 as persoas que podían manter unha conversaciónhttp://www12.statcan.ca/francais/census06/analysis/aboriginal/tables/table24.htm#top Estatísticas do Canadá. Non todos os falantes viven en reservas e hai que ter en conta que algúns definen a lingua que falan como amerindia ou lingua do grupo algonquino, polo que o número de falantes é superior ao censado. No Quebec hai 2500 falantes (1880 como lingua materna): Reserva de Lac Simon: 880 algonquino, 100 francés, 10 francés-inglés e 10 outras Reserva de Pikogan: 290 algonquino, 65 francés e 65 francés-inglés Reserva de Kitigan: 370 algonquino, 375 inglés, 280 inglés-francés e 15 francés Reserva de Kitcisakik: 185 algonquino e 34 francés Reserva de Winneway: 35 algonquino, 110 inglés e 9 inglés-francés Reserva de Timiskaming: 30 algonquino, 245 inglés e 215 inglés- francés Reserva de Keobaowek: 20 algonquino, 207 inglés e 15 francés Reserva de Lac Rapide: 218 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes. Territorio de Hunter's Point: 5 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes En Ontario hai 65 falantes: Reserva de Pikwakanagan: 45 algonquino, 340 inglés e 20 inglés-francés
Ensino O algonquino estúdase como materia en preescolar e en primaria. Hai tamén cursos para adultos nalgunha das reservas.
Fonoloxía
Consoantes
Bilabial Alveolar Postalveolar Velar Glotal Oclusiva sonora b d g xorda p t k aspirada p t k Africada sonora dj xorda tc Fricativa sonora z j xorda s c h Nasal m n Aproximante w y Vogais : curtas a e ou i o ou u : longas à (tamén á ou aa) è (tamén é ou ee) ì (tamén í ou ii) ò (tamén ó ou oo)
Ditongos aw ay ew ey iw ow
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas O algonquino no Ethnologue Leccións de algonquino Gravacións en algonquino
Categoría:Linguas álxicas Categoría:Linguas amerindias do Canadá Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Pobo algonquino