Carlos Varela García, nado no Carballiño o 22 de abril de 1956, é un xurista galego.

Traxectoria Ingresou na carreira fiscal en 1985. Foi fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra (1985-2004), fiscal Provincial de Protección de Menores de Pontevedra (1987-2004) e presidente da Comisión de Xustiza Gratuíta de Vigo (1997-2004). En 2004 foi elixido Fiscal Superior de Galicia, logo dunha votación que o enfrontou a Fernando Suanzes, e revalidado de novo en 2009. Porén, en 2014 foi derrotado por Suanzes.

Colaborou en publicacións especializadas e no libro Contos da Xustiza (Ir Indo, 2002). É membro da Fundación Premios da Crítica, Amigos do Couto Mixto, Fundación Álvaro das Casas e vogal da Fundación Menela.

Premios Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2001. Xuíz Honorario do Couto Mixto no 2006.

Véxase tamén Ligazóns externas O carballiñés Carlos Varela será designado fiscal xefe de Galicia

Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1956 Categoría:Fiscais Superiores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes