O tileiro de folla miúdaNome vulgar en galego xunto a tileiro de folla pequena en Termos Esenciais de Botánica, Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, 2002 (Tilia cordata) é unha especie arbórea orixinaria de Europa, que vive dende a Península Ibérica até os Montes Urais.
Medra até os 20-30 metros de altura e ten de 1 a 1,5 m de circunferencia na base do toro. As súas follas teñen forma de corazón. Cada verán, produce flores miúdas de cor entre amarelo e verde. Estas flores son visitadas frecuentemente polas abellas.
miniatura|As xemas e as poliñas son de cor vermella - granate. As poliñas son glabras e nas xemas pódense ver só dúas escamas miniatura|Follas con inflorescencias miniatura|As flores son miúdas e moi recendentes miniatura|Froita madura.
Hibridación e especies semellantes En Europa hai dúas especies de tileira que se asemellan moito: T. cordata e Tilia platyphyllos. As dúas poden hibridarse e o produto dese cruzamento é a Tilia x vulgaris, árbore que a miúdo se utiliza na xardinaxe. Porén, non é difícil distinguir as dúas especies grazas a estes particulares: o tamaño das follas: as de T. cordata non miden májs de 8 cm, mentres que as de T. platyphyllos poden acadar os 15 cm, de aí os nomes comúns; o envés das follas: nas dúas especies hai pelos nas axilas dos nervios, que son de cor arroibada en T. cordata e de cor abrancazada en T. platyphyllos; o froito: o de T. cordata é miúdo, non mide máis de 8 mm de diámetro e non ten costelas, podéndose crebar coa man sen problemas; o de T. platyphyllos é máis grande, ten 5 costelas moi evidentes e é moi duro; as xemas: nas de T. cordata pódense ver só dúas escamas, mentres que nas de T. platyphyllos pódense ver tres escamas; as ramiñas: as de T. cordata son glabras, é dicir non teñen vilosidade, mentres as de T. platyphyllos son pubescentes, ou sexa, aveludadas.
Existen importantes problemas taxonómicos, aínda por arranxar, dentro do xénero - en particular para os chamados híbridos.Tilia en Flora Ibérica - RJB/CSIC, Madrid
Sinónimos Tilia microphylla Vent. Tilia sibirica Bayer Tilia europaea subsp. parvifolia Ehrh. Tilia bohemica Opiz Tilia betulifolia Hoffm. ex Bayer Tilia parvifolia Ehrh. ex Hoffm. Tilia ulmifolia Scop. Tilia sylvestris Desf. Tilia cordata var. japonica Miq. Tilia japonica (Miq.) Simonk. Tilia cordata f. vulgaris Ig.Vassil. Tilia officinarum Crantz Tilia officinarum Crantz subsp. officinarum pro parteFlora EuropeaThe Plant List
Notas
Véxase tamén
Categoría:Tilia Categoría:Árbores Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora de Europa