Fontecelta é unha empresa galega adicada ao envasado de auga mineral natural situada no concello de Sarria (Lugo).
Historia A planta de Fontecelta está situada no val que forman os ríos Neira e Sarria, na localidade de Céltigos, no concello de Sarria. Atópase no lugar dun antigo balneario que desapareceu na década de 1960.
En 1903 a auga do manancial foi declarada de utilidade pública e en 1928 foi declarada auga mineiro-medicinal polas súas propiedades. Na década de 1950 comeza o envasado e comercialización da auga Fontecelta, unha auga mineral natural con mineralización débil. Na actualidade, as instalacións ampliáronse en 8 000 metros cadrados, chegando a un total de 15 000. A empresa foi propiedade de Rumasa, despois de Corporación Noroeste e logo do expresidente do Celta de Vigo, Horacio Gómez.Fontecelta, historia de una fuente de aguas curativas. agua-mineral.net
Fontecelta envasa aproximadamente o 2% da auga producida en España, uns 110 millóns de litros cada ano.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de Fontecelta
Categoría:Empresas de alimentación de Galicia Categoría:Sarria