Injun 1 foi un satélite artificial da USAF xestionado pola Universidade de Iowa lanzado o 29 de xuño de 1961 mediante un foguete Thor Ablestar desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral xunto cos satélites Transit 4A e SOLRAD 3.
Características Injun 1 foi o primeiro satélite da serie Injun, deseñado, construído e xestionado pola Universidade de Iowa para a USAF. A súa misión foi estudar a magnetosfera terrestre, os cintos de radiación, as auroras e outros fenómenos xeofísicos. Foi lanzado xunto cos satélites Transit 4A e SOLRAD 3. Unha vez en órbita os tres satélites tiñan que terse separado, pero Injun 1 e SOLRAD 3 non conseguiron desacoplarse. Injun 1 estaba deseñado para aliñarse magneticamente co campo magnético terrestre mediante o uso dun fotómetro, pero debido á presenza de SOLRAD 3 bloqueando o fotómetro houbo que usar o magnetómetro para determinar a actitude do conxunto de satélites.
Injun 1 enviou datos ata o 6 de marzo de 1963.
Instrumentos Injun 1 levaba a bordo os seguintes instrumentos:
Contador Geiger-Mueller. Detector de sulfuro de cadmio. Espectrómetro de electróns de enerxía diferencial. Detector auroral. Magnetómetro de porta de fluxo. Detector de protóns de estado sólido. Detector de raios X.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Injun (satélites) Thor Ablestar
Categoría:Injun