Injun 4, tamén coñecido coa denominación Explorer 25, foi un satélite artificial da USAF xestionado pola Universidade de Iowa lanzado o 21 de novembro de 1964 mediante un foguete Scout X4 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea xunto co satélite Explorer 24.
Características Injun 4 foi o cuarto satélite da serie Injun, deseñado, construído e xestionado pola Universidade de Iowa para a USAF, e lanzado tamén baixo o programa Explorer. A súa misión principal foi medir o fluxo de partículas enerxéticas na atmosfera terrestre e estudar o quecemento atmosférico e o seu aumento coa altura; ademais tamén fixo medicións da radiación tanto natural como artificial atrapada nos cintos de radiación. Injun 4 estaba deseñado para aliñarse magneticamente co campo magnético terrestre. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares e baterías e levaba a bordo unha grabadora de cinta e conversores de analóxico a dixital. Para transmitir datos en tempo real usaba un transmisor de amplitude modulada a 136,29 MHz, mentres que para transmitir datos da cinta usaba un transmisor de modulación por pulsos a 136,86 MHz. Injun 4 funcionou ata decembro de 1966.
Instrumentos Injun 4 levaba os seguintes instrumentos a bordo:
Analizador esférico de potencial retardado. Contador Geiger-Mueller. Detector de estado sólido. Detectores de sulfuro de cadmio. Detectores de partículas de plástico de centelleo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Injun (satélites)
Categoría:Injun Categoría:Programa Explorer