O AIK Ishockeyförening (abreviado como AIK IF) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Estocolmo (Suecia), sendo a sección de hóckey sobre xeo do club polideportivo da capital sueca Allmänna Idrottsklubben. Actualmente os seus equipos sénior compiten na máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco (a SHL en categoría masculina, e a Riksserien en categoría feminina). O AIK xoga os seus partidos como local en Hovet, un pavillón con capacidade para 8 050 espectadores, aínda que ás veces xoga encontros no Globen Arena, que conta cunha maior capacidade (13 850 espectadores).
Nos 91 anos de historia do club, o AIK xogou 66 tempadas na máxima categoría sueca (27 delas na actual SHL). O club gañou o campionato sueco en sete ocasións (1934, 1935, 1938, 1946, 1947, 1982 e 1984), se ben dende que se estableceu a Elitserien só gañou dous títulos, e foi finalista en seis ocasións (1930, 1936, 1940, 1968, 1978 e 1981), aínda que só o foi dúas veces dende que se estableceu a Elitserien.
Palmarés 7 Le Mat Trophy: 1934, 1935, 1938, 1946, 1947, 1982 e 1984
Xogadores Números retirados 1 Leif "Honken" Holmqvist 5 Bert-Ola Nordlander 11 Peter Gradin
Award recipients Guldhjälmen Rikard Franzén: 1999–2000
Guldpucken Bert-Ola Nordlander: 1966–67 Leif Holmqvist: 1967–68, 1969–70 Rolf Edberg: 1977–78 Per-Erik Eklund: 1983–84 Bo Berglund: 1987–88 Viktor Fasth: 2010–11
Honken Trophy Viktor Fasth: 2010–11, 2011–12
Håkan Loob Trophy Robert Burakovsky: 1989–90
Rookie do ano da Elitserien Michael Nylander: 1991–92
Rinkens riddare Leif Holmqvist: 1967–68 Mats Lindberg: 1999–2000
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Suecia Categoría:Estocolmo