Hymenophyllum tunbrigense é un pequeno fento do xénero Hymenophyllum que pertence á familia Hymenophyllaceae. Recibe os nomes comúns de himenófilo de Tunbridge ou fento membranoso de TunbridgeTunbridge é unha vila do sur de Inglaterra.
É propio da Europa atlántica e macaronésica, atopándose, logo, en Galiza.
Descrición O rizoma, filiforme e non escamento, leva tres frondes miúdas, de non máis dunhas ducia de centímetros. As frondes son translúcidas, de aparencia fraca, xa que só teñen unhas poucas camadas de células; de aí o nome de membranoso.
Hábitats O fento membranoso de Tunbridge pode formar importantes colonias sobre rochas húmidas silícicas, a miúdo partillando hábitat con musgos.
Distribución Hoxe en día está presente en toda a vertente atlántica europea temperada. En Francia aparece nos departamentos de Finistère, Côtes-d'Armor, a Mancha, Orne, e Pireneos Atlánticos, Altos Pireneos e en CórsegaEflore, Base de Données Nomenclaturale de la Flore de France par Benoît Bock. 2010..
Ademais das zonas temperadas, medra en rexións subtropicais e tropicais de Asia, Norte, Centro e Sur de América; existindo poboacións importantes nas illas da Macaronesia (nos Azores, na illa de Madeira e nas illas Canarias).
Atopáronse pequenas poboacións relictas moi locais no Gran Ducado de Luxemburgo, nos Vosgos franceses, no oeste e norte da Gran Bretaña, Irlanda e Galiza. Na primeira metade do século XX houbo tamén poboación preto de La Roche-en-Ardenne, e nas Ardenas belgas. miniatura|left|Detalle da folla
Protección As principais ameazas desta especie están no manexo do bosque (a especie é sensíbel ao sol e seca axiña), as zonas de lecer preto dos ríos, a escalada e a recolleita. A maioría das poboacións desapareceron en Europa, e as restantes concéntranse nunha poucas fendas rochosas.
En Francia está totalmente protexidaAnnexe 1 de la Liste des espèces végétales protégées sur l'ensemble du territoire français métropolitain, Arrêté du 20 janvier 1982.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas
Categoría:Hymenophyllaceae Categoría:Fentos Categoría:Fentos de Galicia Categoría:Especies ameazadas Categoría:Plantas descritas en 1793