La Región Gallega foi unha revista publicada na Habana entre 1913 e 1914.
Historia e características Subtitulado Órgano Oficial de la Liga de Acción Gallega en Cuba, apareceu en xullo de 1913 cunha periodicidade semanal. Fundada e dirixida por Enrique Zas Simó, entre os seus colaboradores figuraron Jesús Peynó Piñeiro, Roberto Blanco Torres e Eduardo Núñez Martínez. Incluíu información de Galicia e Cuba, e artigos sobre a problemática social galega. Blanco Torres foi multado por un artigo contra o directivo do Centro Galego Secundino Baños publicado na revista. Desapareceu pouco despois de abril de 1914.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura da Habana