O Swansea City Association Football Club () é un club de fútbol galés da cidade de Swansea. Foi fundado en 1912 e compite na Premier League. O seu campo é o Liberty Stadium, con capacidade para 20.750 espectadores. Fundado en 1912 como Swansea Town AFC, adoptou en 1969 a súa denominación actual tras obter Swansea o status de cidade. Uniuse á Football League en 1921 e é membro dende entón. Entre 1981 e 1983 xogou na First Division, máxima categoría do fútbol inglés, acabando sexto na súa primeira tempada. Na tempada 2010/11 conseguiu o ascenso á Premier League, sendo o primeiro club de Gales que disputa esta competición dende a súa fundación en 1992.
O Swansea City é un dos 6 equipos galeses que participan na liga inglesa. Ata o ano 1992, a FAW non organizaba ningún torneo ligueiro, coa posta en marcha da Welsh Premier League, o Swansea rexeitou a invitación para participar nela. En 1996 deixou de participar na Welsh Cup.
Na tempada 2012/13, acada unha gran campaña con Michael Laudrup como DT, conseguindo conquistar a Copa da Liga de Inglaterra ó vencer na final 5-0 ó Bradford City, que militaba na Football League Two, cuarta división de Inglaterra. Isto representou o primeiro título do Swansea e o segundo dun club galés en competicións inglesas, xa que o Cardiff City gañara a FA Cup en 1927. Ademais, grazas a este logro, o Swansea logrou clasificar por vez primeira na súa historia nunha competición internacional, a UEFA Europa League 2013-14, competición na que debutou triunfando e eliminando primeiro ó Malmö FF de Suecia e logo ó Petrolul romanés en fases previas, para chegar a fase de grupos e debutar ante o Valencia CF, en Mestalla, goleando a domicilio por 0-3, con goles de Wilfried Bony, Michu e Jonathan de Guzmán.
Xogadores Categoría principal: Xogadores do Swansea City AFC.
Primeiro equipo Datos do 18 de agosto de 2017
Sub 23 Datos do 22 de maio de 2017
Palmarés Liga English third tier (actualmente Football League One): 1924–25, 1948–49, 2007–08 English fourth tier (actualmente Football League Two): 1999–00
Copa Football League Cup: 2012–13 Football League Trophy: 1993–94, 2005–06 Welsh Cup: 1912–13, 1931–32, 1949–50, 1960–61, 1965–66, 1980–81, 1981–82, 1982–83, 1988–89, 1990–91
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do club