O Aeroporto de Turku (en finés Turun lentoasema e en sueco Åbo flygplats) é un aeroporto situado a 8 km ao norte do centro da cidade de Turku (Finlandia). O aeroporto dá servizo a uns 450.000 pasaxeiros ao ano, o que o converte no cuarto aeroporto máis transitado de Finlandia por número de pasaxeiros (en 2012), e o segundo aeroporto do país en toneladas de carga (en 2012).. O Aeroporto de Turku está operado en exclusiva por Finavia e conta cunha terminal de pasaxeiros secundaria na que operan aeroliñas de baixo custo. Dende o 1 de setembro de 2008, TNT Airways fixo do Aeroporto de Turku a súa sede loxística para as súas operacións en Finlandia.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga ASL Airlines Belgium ten voos diarios, pero outras compañías de carga que visitan Turku voan con menos frecuencia. Exemplos destas son Ukraine Air Alliance, Ruby Star ou Farnair.

Notas

Turku Categoría:Transporte en Turku