Big Trouble en Little China (tamén coñecido como John Carpenter's Big Trouble in Little China) é un filme estadounidense dirixido por John Carpenter que se estreou en 1986.

Sinopse Jack Burton (Kurt Russell) é un camioneiro do barrio chinés de San Francisco, que gaña unha gran cantidade de cartos a Wang Chi (Dennis Dun). Este convénceo para que, antes de cobrar o diñeiro, o leve ó aeroporto a recoller á súa prometida Miao Yin. Cando a rapaza é secuestrada por uns gánsteres chineses, Jack, entrará no tenebroso mundo de Lo Pan, un mago que ten 2000 anos e que goberna sen piedade o mundo dos espíritos. Evadindo demos e facendo fronte a grandes perigos, Jack loita ó seu xeito nos escuros dominios de Lo Pan.

Personaxes Kurt Russell como Jack Burton Kim Cattrall como Gracie Law Dennis Dun como Wang Chi James Hong como David Lo Pan Victor Wong como Egg Shen Kate Burton como Margo Litzenberger Donald Li como Eddie Lee Carter Wong como Thunder Peter Kwong como Rain James Pax como Lightning Suzee Pai como Miao Yin Chao-Li Chi como Tío Chu Al Leong como Home de Wing Kong Nathan Jung como Home de Wing Kong

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AlMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Carpenter