Sympathy for Lady Vengeance (en hangul 친절한 금자씨 "Chinjeolhan geumjassi") é un filme surcoreano dirixido por Park Chan-wook que se estreou no 2005. Terceira parte da triloxía The Vengeance Trilogy, precedida por Sympathy for Mr. Vengeance (2002) e Oldboy (2003).
Sinopse Kum-ja pasou trece anos na cadea acusada do secuestro e asasinato dun neno de seis anos. O crime conmocionou moito á opinión pública tanto pola súa brutalidade como porque a asasina tiña tan só vinte anos. Unha vez cumprida a pena, Kum-ja só desexa vingarse do verdadeiro responsable do crime.
Personaxes Lee Young Ae como Lee Geum-ja Choi Min-sik como Mr. Baek (Baek Han-sang) Kwon Yea-young como Jenny Kim Byeong-ok como O predicador Kim Shi-hoo como Geun-shik Nam Il-wu como Detective Choi Tony Barry como Pai adoptivo de Jenny Anne Cordiner como Nai adoptiva de Jenny Go Soo-hee como Ma-nyeo Kim Boo-seon como Woo So-young Lee Seung-Shin como Park Yi-jeong Oh Dal-su como Mr. Chang Ra Mi-ran como Oh Su-hee Seo Yeong-ju como Kim Yang-hee
Galardóns e nomeamentos 2005: Festival de Cine Fantástico de Sitges: Mellor actriz (Lee Yeong-ae). 2005: Festival de Venecia: Nomeada ó León de Ouro ó mellor filme.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Park Chan-wook Categoría:Filmes sobre vinganza