Ranongga é unha illa situada no grupo Illas Nova Xeorxia na provincia Occidental das Illas Salomón.

Historia Ranongga foi avistada en 1787 polos mariñeiros Read e Dale.

O 18 de agosto de 1959, xerouse un tsunami fronte á costa oeste da illa Ranongga, ás 08 h 05 min. Observáronse pronto, as grandes ondas en Vori, na costa norte da illa. O mar retirouse 15 metros e logo volveu á súa posición orixinal.

Xeografía Ranongga é unha illa longa 28 km. e estreita, situada a 8 km. ao noroeste da Illa Simbo e o suroeste da Illa Ghizo, é a capital da provincia occidental. O punto máis alto é o monte Kela (869 m.).

Terremoto 2007

En abril de 2007, un terremoto sacudiu a illa de Ranongga, xunto con moitas partes da Illas Salomón. O terremoto empuxou a terra fóra da costa da illa de Ranongga ata 70 metros de acordo aos residentes locais. Isto deixou moitos arrecifes de coral virxes, a vista nas praias de recente formación.

Demografía A maioría das aldeas están situadas no lado oriental da illa. A lingua ghanongga é o idioma falado polos preto de 2.500 habitantes da illa Ranongga.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Categoría:Illas das Salomón