Para o artigo do filatelista véxase Manuel Lago Martínez (1917). Manuel Francisco Lago Martínez, nado en Teis (Concello de Lavadores) e finado en Vigo en 1942, foi un empresario e político galego.

Traxectoria Fabricante de conservas. Presidente da Sociedad de Agricultores de Teis. O 11 de febreiro de 1908 foi elixido presidente do Directorio Antiforista de Teis. En 1909 asinou, xunto con outros compañeiros do Directorio, artigos e follas de propaganda dirixidas contra os máis famosos caciques urzaístas. Como consecuencia desta campaña foi denunciado por inxurias polos irmáns Eduardo e José Iglesias Añino xunto con Jacinto Crespo, José María Álvarez González, José Antonio Martínez de Vela e Arturo Nieto Lázaro. Xulgados na Audiencia de Pontevedra en 1911, foron condenados a tres anos, seis meses e vinte e un días de desterro a 25 quilómetros de Teis e mil pesetas de multa.Noticiero de Vigo, 19-4-1911, p. 3. Finalmente só foron desterrados Chinto Crespo, Manuel Lago e Arturo Nieto."Los desterrados de Teis", Suevia, 15-9-1912, p. 10. Estivo desterrado en Marín. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Lavadores e foi presidente do Sindicato de Agricultores de Teis (1924). Marchou a Canarias onde foi encargado dunha fábrica de conservas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abrírolle expediente de responsabilidades políticas, que foi sobresido por carecer de bens.

Vida persoal

Casou con Peregrina Prieto Losada. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Expediente número 275/41 de responsabilidades políticas do Xulgado Instrutor Provincial de Pontevedra contra José Magdalena Vidal, Emilio Álvarez Gallego, Manuel Lago Martínez, José Martínez Covelo e Benito Ramallo Gómez

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Concelleiros de Lavadores Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Vigo

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1942