Bukhara, Bucara, Buxara ou Buxoro (en lingua uzbeka Buxoro, en alfabeto cirílico Бухоро) é a quinta cidade máis poboada do Uzbekistán e a capital da provincia de Buhkara (Bukhoro viloyati).
Tiña unha poboación de habitantes (censo de 1999), maioritariamente taxicos de lingua persa.
Bukhara e Samarcanda son os dous principais centros da cultura e a historia taxico-persa.
Durante o período soviético, estes dous centros taxicos foron anexionados á República Socialista Soviética de Uzbekistán, en contra da vontade dos taxicos da Asia Central.
En 1993 o seu centro foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco.
Algunhas personalidades relacionadas con Bukhara son: Imán Al-Bukharí, erudito musulmán persa, que recompilou milleiros de Hadices, que naceu nesta cidade en 810 d.C. Avicena, filósofo persa, que naceu nunha pequena vila próxima a Bukhara, e foi nesta cidade na que estudou no século X. Zamakhsharí, teólogo persa, que estudou nesta cidade a finais do século XI. Nicolau e Matteo Polo, pai e tio de Marco Polo, que viviron algúns anos nesta cidade contra 1260. Ulugh Beg, rexente timúrida e astrónomo, que colaborou na construción da madraza de Bukhara.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Uzbekistán Provincia de Bukhara Khanato de Bukhara
Ligazóns externas
Through the Lens—the Silk Road Then and Now - Un século de cambios capturado en fotos dun fabuloso oasis de Asia Central. Forbes, Andrew, & Henley, David: Timur's Legacy: The Architecture of Bukhara and Samarkand (CPA Media). UNESCO World Heritage list: Historic Centre of Bukhara Audio interview with Bukhara resident about life in Bukhara
Categoría:Cidades Patrimonio da Humanidade Categoría:Patrimonio da Humanidade en Uzbekistán