Gaua (anteriormente coñecida como Illa Santa María) é a maior das Illas Banks na provincia de Torba no norte de Vanuatu. Ten unha superficie de 342 km².

Xeografía física Conta cun terreo accidentado, a maior altura chega ata os 797 m. do Monte Gharat, o pico do volcán activo no centro da illa. A erupción máis recente foi en 2011. O volcán ten unha caldeira de 6 x 9 km, no que se atopa un lago de cráter coñecido como Lago Letas, o lago máis grande de Vanuatu. Ao leste do lago atópase a Fervenza Siri (120 m de caída).

Poboación e idiomas A illa tiña unha poboación de 2.491 habitantes en 2009, cunha taxa de crecemento anual do 2,0 por cento.

Esta poboación atópase dispersa en varias aldeas da costa nos lados oeste, sur e nordés da illa. O lado leste ten algunhas aldeas cunha poboación de inmigrantes procedentes principalmente das dúas illas máis pequenas Merig e Merelava, ao sueste de Gaua. O pobo máis grande é Jolap, na costa oeste.Satellite photo of Jolap village .

Ademais da lingua desta poboación inmigrante (Mwerlap), hai cinco linguas faladas tradicionalmente en Gaua: Lakon ou Vuré; Olrat, Koro, Dörig e Nume.

Historia Gaua foi avistada por primeira vez polos europeos durante a expedición española de Pedro Fernández de Quirós, do 25 ata 29 o abril de 1606. O nome da illa cartografouse como Santa María.Kelly, Celsus, O.F.M. La Austrialia del Espíritu Santo. The Journal of Fray Martín de Munilla O.F.M. and other documents relating to the Voyage of Pedro Fernández de Quirós to the South Sea (1605-1606) and the Franciscan Missionary Plan (1617-1627) Cambridge, 1966, p.39, 62.

Economía A poboación de Gaua vive da economía agrícola tradicional da Melanesia, en combinación coa pesca e a horticultura. As principais exportacións son a copra e o cacao. Gaua ten un aeroporto (código ZGU).

Notas

Ligazóns externas

Volcano World: Gaua Detailed list and map of the Banks and Torres languages, including those of Gaua

Categoría:Illas de Vanuatu