A tapa ou meiga punteada,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 84. é un peixe osteíctio da orde dos pleuronectiformes e familia dos escoftálmidos, cientificamente Zeugopterus punctatus (Bloch, 1787).Zeugopterus punctatus (Bloch, 1787) no WoRMS.Zeugopterus punctatus en The Taxonomicon

Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1787 polo médico e naturalista alemán Marcus Elieser Bloch, co nome de Pleuronectes punctatus.

Características

De até 25 cm de lonxitude,Zeugopterus punctatus en FishBase .Rodríguez Villanueva e Vázquez (1995), p. 292. ten o corpo moi ancho, ovalado, cuberto de escamas adherentes, ctenoides no lado ocular e cicloides no lado cego.

E cor, no lado ocular, é parda escura con manchas negras.

Os ollos son pequenos, e están afastados dos bordos da cabeza, e ambos os dous cubertos parcialmente por escamas.

A boca é moi protáctil, con dentes pequenos en ambas as mandíbulas.

A aleta dorsal orixínase a nivel do ollo superior, a pectoral do lado ocular é maior que a do cego, as pelvianas, son simétricas e de igual tamaño, cos raios posterioresd firmemente unidos ao primeiro raio da aleta dorsal, e a aleta cualdal é bastante pequena.

Hábitat e bioloxía Vive nas costas do Atlántico N, desde de Trondheim (Noruega) até o mar Cantábrico, e en Terra Nova (Canadá).

Normalmente encóntrase sobre fondos areosos, entre os 20 e os 30 m, e baixo as bateas mexilloeiras a uns 10 m de profundidade,Rodríguez Solórzano (1988), p. 51. ou sobre fondos rochosos con algas, a pouca profundidade, alimentándose de peixes e crustáceos.

En Galicia Rodrígez Solórzano el al. citan a súa presenza en toda Galicia, especialmente na ría de Arousa e, en xeral, nas rías nas que abundan polígonos de mexilloeiras.

Nomes galegos Tapa é o nome lle dan Rodríguez Villanueva e Vázquez na súa obra Peixes do mar de Galicia (III), que vén sendo un eufemismo (tamén usado polas xentes do mar) de tapaconas, nome que tamén se lle dá a outras varias especies de peixes planos, especialmente a Arnoglossus laterna (Walbaum).

Pola súa parte, para Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario multilingüe, tapa é un sinónimo de meiga punteada, nome que lle adxudican estes autores á especie en cuestión, aínda que as verdadeiras meigas ou rapantes pertencen ao xénero Lepidorhombus, da mesma familia, e de que as Normas para os nomes vulgares ou vulgarizados das especies biolóxicas recomendan, sempre que sexa posíbel, empregar nomes vulgares distintos para especies de diferentes xéneros (e de que, ademais, o epíteto punteada non está recollido no dicionario da RAG).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos Peixes planos Escoftálmidos Curuxo Rodaballo Zeugopterus

Ligazóns externas Zeugopterus punctatus na EOL. Zeugopterus punctatus (Bloch, 1787), en DORIS

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Peixes de Europa Categoría:Animais descritos en 1787 Categoría:Produtos da pesca