David Samuel "Sam" Peckinpah, nado en Fresno (California) o 21 de febreiro de 1925 e finado en Inglewood, tamén California, o 28 de decembro de 1984, foi un director e guionista de cine, teatro e televisión estadounidense. Tivo grande sona polo tratamento da violencia nas súas películas, reinventando xéneros coma o do western, ao que pertence a súa película máis famosa Grupo salvaxe.

Traxectoria Neto dun xefe indio, estudou Dereito e diplomouse en Arte Dramática. Enrolouse no exército antes de entrar en contacto co mundo do cine como axudante de dirección de Donald Siegel en A invasión dos ladróns de corpos. Rachou cos tópicos do Far West na súa incursión no xénero do oeste, impregnando películas como a mencionada Grupo salvaxe ou Maior Dundee dun cariz intelectual e violento. Segundo as súas propias palabras, procurou a verdade no lugar do mito.Non me interesa o mito; só me interesa a verdade. E o mito do Oeste atópase na explotación da xente que ía conseguir terra. Se se quiere facer unha película sobre o Oeste cómpre facela sobre esta xente que ía e tiña terra. E que roubaron e mataron aos "malditos" indios. Pero iso mudeino, ou polo menos espero telo conseguido en The Wild Bunch. Un dos meus propósitos ao realizar esta película era rachar o mito do Far West, en Decine21.com

Nas súas obras, criticou duramente o concepto do heroe tradicional, aparecendo inmerso nun contexto patético e corrupto, un mundo sufrinte onde o antiheroe está atrapado e condenado. Reflicte a desesperación individual e colectiva no marco dunha sociedade que se destrúe e que só pretende atopar a liberación a través dunha violencia aínda maior. Tecnicamente, o seu pulso cinematográfico e orixinalidade narrativa son notables, así como o seu emprego da cor e as súas sanguentas escenas violentas a xeito de ballet.

Filmografía 1961 Compañeiros mortais 1962 Duelo na alta serra 1965 Maior Dundee 1966 Noon Wine (telefilme) 1969 Grupo salvaxe 1970 A balada de Cable Hogue 1971 Cans de palla 1972 Junior Bonner 1972 The Getaway 1973 Pat Garrett e Billy the Kid 1974 Quero a cabeza de Alfredo García 1975 Os aristócratas do crime 1977 Cross of Iron 1978 Convoy 1982 Jinxed! 1983 Clave Omega

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Sam Peckinpah en Decine.21

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia frisoa Categoría:Nados en Fresno Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1984