El Eco del Condado foi un periódico editado en Salvaterra de Miño entre 1926 e 1931.

Historia e características Publicación de carácter conservador e católico, apareceu o 15 de marzo de 1926. Tivo periodicidade bimensual nun principio e trimestral posteriormente. Redactado na súa maior parte por párrocos da zona como Anselmo Vázquez Estévez, párroco de Fornelos. Entre os seus colaboradores estaba Rogelio Estévez Cambra. Publicou moita literatura galega, incluíndo de poemas de José Rey González, Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Carmiña Prieto Rouco, Juan Barcia Caballero, Enrique Labarta Pose, Ramón Cabanillas, Manuel Lago González, Avelino Rodríguez Elías, Xoán B. Armada, Gonzalo López Abente e Mario Canda. En lingua castelá publicou artigos de Herminia Fariña e Jesús Muruais relacionados co Século de Ouro e co romanticismo da literatura española. Tamén apareceron autores portugueses como José U. Condo e José Vilán Cobelo Junior. En case todos os números aparecen, ademais, diversos contos asinados con pseudónimos, baixo as epígrafes de "Contos de camiño", "Contos da aldea" e "Contos da terra". Cesou a súa publicación o 20 de decembro de 1931.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Salvaterra de Miño Categoría:1926 en Galicia