miniatura|dereita|Azaleas arroibadas de cinco anos. dereita|miniatura|Azalea. As azaleasNome vulgar en galego en todas a fontes: Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004 son arbustos de flor clasificadas na actualidade en dous dos subxéneros de Rhododendron - o subxénero Pentanthera, tipificado por Rhododendron nudiflorum e mais o subxénero Tsutsusi co Rhododendron tsutsusi. Existen azaleas de follas caedizas e azaleas de follas perennes. Son moi comúns na xardinaxe de Galiza, xa que se adaptan moi ben aos solos e condicións climáticas do país.
Unha das diferenzas principais entre as azaleas e o resto da familia do rododendro é o seu tamaño e o crecemento da flor. Os rododendros desenvolven as flores en acios, mentres que a meirande parte das azaleas teñen floracións terminais (unha flor por cada talo floral). Porén, botan tantos talos que durante a estación florecente conforman unha sólida masa colorida que van dende o rosa, vermello, laranxa, amarelo, púrpura ou branco.
Os híbridos de azalea lévanse creando centos de anos. Estas modificacións xenéticas feitas polo ser humano produciron máis de 10.000 especies cultivares diferentes que se propagan a partir de esgallos. Tamén se poden apañar e facer xermolar as sementes.
Estas plantas necesitan un solo bien drenado, preferentemente acedo, e unha exposición sombreada e fresca. O uso de fertilizantes é opcional. Algunhas das especies necesitan podas regulares.
Enfermidades: Araña vermella, afidios, marcescencia das flores.
Na cultura chinesa, a azalea coñécese coma sixiang shu e é inmortalizada en numerosas poesías e contos.
A azalea é o símbolo da cidade de São Paulo, no Brasil.Municipal law of the city of São Paulo nr. 14472 of 2007.
As azaleas, malia a súa beleza, son moi tóxicas, polo contido en andromedotoxinas tanto nas súas follas coma no seu nectar, Un dato curioso é que o mel producido por abellas a partir destas flores é altamente velenoso para os seres humanos, mentres que é inofensivo para os insectos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Rododendro (xénero) Galería de imaxes de azaleas de Galicia
Ligazóns externas
Azaleas (en inglés)
Categoría:Arbustos Categoría:Rhododendron Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flores