Xoán Manuel Pereira de Castro, nado en Reboreda (Redondela) o 24 de maio de 1820 e finado en Ourense o 15 de abril de 1896, foi un fidalgo, diplomático e político galego. Ramón Otero Pedrayo relatou a súa vida na novela O señorito da Reboraina.

Traxectoria miniatura|Pazo de Reboreda, casa natal de Xoán Manuel Pereira. Foi fillo de Ignacio Manuel Pereira, señor da casa de Reboreda, en cuxo pazo naceu e medrou. Foi deputado en Cortes por Ponteareas (1846), Pontevedra (1854) e Zamora (1869), ademais de senador por Pontevedra e Ourense. De ideoloxía progresista e repúblicana, foi acusado de conspiración contra o réxime tras manter unha xuntanza co xeneral Prim en Londres, motivo polo cal foi ingresado na cadea da Illa de Santo Antón, na Coruña. Na devandita xuntanza preparaban a Revolución de 1868. Co triunfo de Prim e a instauración do Sexenio Democrático, Pereira de Castro foi liberado e pasou a presidir a Xunta Revolucionaria da Coruña. Nas eleccións de 1871 conseguiu a acta de deputado por Redondela nas Cortes Xerais, que volveu conseguir en 1873, deixando posteriormente o posto ao ser nomeado embaixador na China, Siam e Annam. A raíz das experiencias vividas no seu periplo oriental escribiu o libro Los países del Extremo Oriente.

O goberno revolucionario concedeulle a Cruz de Carlos III, que, porén, rexeitou. Coa Restauración borbónica de 1875 retirouse da vida política, fixando a súa residencia en Ourense, onde faleceu 21 anos despois.

Dise que os seus restos xacen ao pé do cruceiro que mandou levantar fronte á igrexa parroquial de Reboreda, malia ter indicado de primeiras descansar eternamente xunto á súa irmá e o seu cuñado, dona Rita Pereira de Castro e don Pedro José Couñago Couñago, respectivamente.https://historiadeunafamilia25.blogspot.com/2026/04/o-senorito-da-reboraina-unha-vida.html?m=1

Obras Los países del Extremo Oriente, (1883), reed. 2018.El historiador Xosé Ramón Barreiro recupera un libro de viajes de Juan Manuel Pereira

Recoñecementos En 1868 o concello de Ourense púxolle o nome de rúa Pereira á antiga rúa del Concejo na súa honra.Rúa Pereira, viaje por el tiempo

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Biografía de Xoán Manuel Pereira en Anecdotario Redondelán. Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1820 Categoría:Nobreza Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Revolucionarios Categoría:Embaixadores de España na China Categoría:Finados en 1896